martes, 27 de octubre de 2015

NOTICIAS EXFIMIÑO 2015



INAUGUARACIÓN DA MOSTRA FILATÉLICA EXFIMIÑO 2015
Fachada da Casa dos Alonsos lugar donde se celebrou a exposición

A Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa co patrocinio da Deputación de Pontevedra e o concello de A Guarda, e coa colaboración da Federación Galega de Sociedades filatélicas inaugurou a exposición filatélica EXFIMIÑO 2015 na súa vinte e nove edición, que este ano estivo adicada a memoria do segundo presidente  e socio fundador da Sociedade filatélica e Numismática Guardesa D Juan Álvarez Sobrino.
O pasado venres día 23 ás sete e media da tarde deu comezo o acto de inauguración coa presenza do Alcalde de a Guarda D. Antonio Lomba Baz, o presidente de FEGASOFI., D. Valentín Suárez Alonso, do historiador guardés D. Joaquín Miguel Villa o xefe da oficina de correos de A  Guarda D. José Luís Franco, e de familiares do finado Juan Álvarez Sobrino. Asi mesmo estiveron no acto representantes dos distintos grupos políticos e de asociacións culturais e público en xeral.
Deulle a benvida a todos os presentes o presidente da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, resaltando as cualidades do homenaxeado, Juan Álvarez Sobrino.
A continuación D. Valentín Suárez Alonso, presidente de FEGASOFI recoñecendo o  bo traballo e esforzo do homenaxeado, lembrou que  lle foron concedidas en vida, a medalla de ouro ao mérito filatélico da Federación Galega así como a medalla de ouro da SFeNG.

A continuación D. Miguel Villa , dixo que de  Juan Álvarez xa estaba todo dito, engadindo que entre a súas culalidades posuía intelixencia social, era unha persoa entrañable, respectuoso, agradecido e muy educado.
De seguido o alcalde de A  Guarda D. Antonio Lomba Baz. Lembrou anécdotas da súa nenez cando iba a Confitería Estévez e outras relacionadas ca Concellería de cultura que el ostentaba.
Rematou o acto Juan Alvarez fillo o cal agradeceu o recoñecemento que a  SF e NG lle fixo a seu pai.
A continuación a SFeNG fixo entrega duns recordos; a familia do homenaxeado, a D. Miguel Villa e a D. José Luís Franco pola súa axuda desinteresada.
De  seguido procedeuse a posta en circulación dun selo personalizado e dun cuño conmemorativo da mostra filatélica, obra do deseñador Ángel Pérez.

Luciano Lomba, Valentín Suárez, Antonio Lomba, Miguel Villa e J. Luís Fraco, no momento da inauguración
 
Antonio Lomba Baz alcalde de A Guarda no intre de estampar o primeiro cuño
 
Juan Álvarez fillo do homenaxeado estampando o cuño conmemorativo da mostra
  
Marta Verde entregando un recordo da mostra filaélica EXFIMIÑO 2015 a Ángel Pérez

Público visitando a exposición
 

A exposición foi visitada por numeroso público durante os días que estivo aberta, admirando as distintas coleccións expostas.
O domingo día 25 as dúas da tarde clausurouse a mostra, para de seguido trasladarse a un coñecido restaurante de A Guarda donde se celebrou unha comida de confraternidade, durante o transcurso da cal entregáronse un agasallos aos expositores.


Entrega de recordos da mostra filatélica EXFIMIÑO 2015 durante a comida de confraternidade