sábado, 25 de agosto de 2018

EXFIMIÑO 2018

EXFIMIÑO 2018
        Nos vindeiros días 11 ao 17 de outubro celebraremos en A Guarda, a XXXVI exposición filatélica e a XXII EXFIMIÑO que este ano estará adicada a conmemorar o 350 Aniversario da liberación da dominación portuguesa de A Guarda e do Castelo de Santa Cruz. Como ven sendo habitual a mostra estará montada nos baixos da Casa dos Alonsos, edificio donde recentemente se instalaron as dependencias do Concello de A Guarda  
         A inauguración será o día 11 xoves as 20:30 horas  e a mostra estará aberta en horario de mañán de 11  a 14 horas e pola tarde de 17 a 20 horas.
        Poremos en circulación un selo personalizado, cunha imaxe do plano do castelo de Sta. Cruz, (que nos cedeu amablemente InfoMaxe) e un cuño conmemorativo coa imaxe da entrada principal do castelo.
        Por suposto convidamos a todos os que se queiran achegar ata A Guarda eses días a que nos visiten.

Selo personalizado



Cuño conmemorativo, concedido por Correos