lunes, 14 de junio de 2010

Boletín Exfimiño nº 24

Boletín Informativo da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa


Número 24                                                                Xaneiro-Abril 2008



No ano que acaba de rematar, celebrouse nos salóns do “Recreo Artístico Guardés” de A Guarda, durante os días 12 ao 20 de outubro, a Exposición competitiva da Federación Galega EXFIGALICIA 2007 que se realiza cada dous anos nunha localidade de Galicia.

    A Exposición, a cal asistiu numeroso público, celebrouse grazas ao patrocinio da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e Concello de A Guarda.

    É organizada pola Federación Galega de Sociedades Filatélicas e a Sociedade Filatélica Guardesa e colaboran a Unión de Colectividades do Norte de Portugal (UFINOR) e o Recreo Artístico Guardés.

    Na Mostra exposta ao público e con entrada libre, participaron 47 coleccións de Galicia e Portugal, estando convidada fóra de competición a recoñeci-da colección galega “Colón, rumbo a las Indias” de D. José Ángel Gándara Rodríguez que posúe o título da mellor colección española do ano 2006.

O Xurado composto por 6 membros, catro de Galicia e dous de Portugal outorgaron o Gran Premio da Clase de Honor, Trofeo da Consellería de Cultura á colección Galicia S. XVII-XIX:Correspondencia con Europa, de Andrés García Pascual, o Gran Premio de Competición e Trofeo do Concello de A Guarda á colección Privativos de Portugal, de Elder Pinto Correia.
  
A Mostra foi inaugurada o venres 12 ás 6 da tarde polo Alcalde de A Guarda, onde estivo presente toda a corporación municipal, Presidente da Federación Galega, Ufinor, Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, Recreo Artístico Guardés e o Historiador guardés Joaquin Miguel Villa que rematada a inauguración, deu unha conferencia sobre a biografía dos dous ilustres guardeses, fundadores da Sociedad Pro-Monte Santa Tecla, aos cales se lles facía una pequena homenaxe.

   Á petición da Sociedade organizadora e da Federación galega fíxoselle petición a Correos de dúas marcas postais cos personaxes homenaxeados, para poñer en circulación na oficina temporal montada nos salóns da exposición para o día da inauguración, o mesmo que un selo personalizado cunha Casa Castrexa do Monte Santa Trega.

   Para o último día, sábado 20, Correos concede outra marca postal, esta dedicada ao filatelista vigués D. Manuel Lago, recentemente falecido e ao cal ese mesmo día se lle fixo unha pequena homenaxe de recoñecemento da súa labor pola filatelia de Galicia.

Durante os días que permaneceu aberta a Mostra arropouse á exposición cos seguintes eventos:

  Venres día 12, Conferencia do historiador guardés D. Joaquín Miguel Villa sobre os fundadores da Sociedad Pro-Monte Santa Tecla.

   Domingo día 14, Conferencia sobre filatelia temática a cargo de José Ángel Gándara Rodríguez, vocal temático de FEGASOFI e da Comisión temática de FESOFI. Esta conferencia estaba prevista para unha hora de duración e dada a concorrencia de público e as súas inquietudes alongouse dúas horas.

   Sábado día 20, Conferencia a cargo de Andrés García Pascual, investigador e estudioso da historia postal de Galicia, sobre o coleccionismo da Historia Postal de Galicia e ao finalizar fíxose homenaxe ao filatelista vigués D.Manuel Lago, fundado da Fede-ración Galega e da Federación Española.

As 10 da noite  en coñecido restaurante de A Guarda celebrouse a cea palmarés e estiveron presentes o Alcalde e o Concelleiro de Cultura. Antes de que o Xurado dera o resul-tado das participacións  fíxose entrega por parte da Federación Galega de Sociedades Filatélicas da Medalla de Ouro, Insignia e Diploma ao Mérito filatélico de FEGASOFI a D. Serafín Álvarez Sobrino

        Entrega da medalla da Federación Galega (FEGASOFI) a D. Serafín Álvarez Sobrino.

 e por parte da Sociedade Filatélica Guardesa fíxose entrega da Insignia de Ouro a D. José Ángel Gándara Rodríguez.

     Entrega da medalla da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa a D.José Angel Gándara Rodríguez.



Tendo en conta que a maioría das coleccións presentadas polos membros  desta sociedade aínda están en formación, os resultados acadados poden considerarse un éxito, xa que as puntuacións quedaron como segue:


No grupo 3: Temática

   Del Monasterio rural a la Catedral urbana de Luciano Lomba Vicente con 71 puntos, medalla de Vermeil. 

   Ese desconocido principio de Jorge Martínez Baz con 65 puntos, medalla de Prata Grande.

   La unión del reino vegetal y el hombre de Marta Verde Rodríguez  con 63 puntos, medalla de Prata Grande.

   España, ATMS de Manuel Martínez Martínez con 60 puntos, medalla de Prata

   Arte y Comunicación de la Música de Alfonso Dorado Senra con 57 puntos, medalla de Bronce Prateado.

   La vela a través de la Historia de Cristina Domínguez Rotea con 55 puntos, medalla de Bronce Prateado.

   Faros y otras ayudas a la navegación,  de Miguel Martínez Pérez con 55 puntos, medalla de Bronce Prateado.   
  
   El perro siempre útil, de Almudena Tabeada Lago con 55 puntos, medalla de Bronce Prateado.

   Pinturas infantiles,  de Marta Álvarez Estévez con 55 puntos, medalla de Bronce Prateado.

   Revista EXFIMIÑO medalla de Prata.

Ao longo do ano 2007 membros desta asociación tamén participaron noutras competicións de caracter internacional, nas que acadaron importantes premios, como é  ocaso das seguintes competicións:

Exposición Luso-Española ALAVARIUM 2007  celebrada do 3 ao 7 de Outubro no parque de feiras e exposicións de Aveiro (Portugal).

   Na cal a colección de José Ángel Gándara Rodríguez, COLÓN RUMBO A LAS INDIAS,  logrou o Gran Premio de Temática con 86 puntos

XV exposición Filatélica Luso-Española IBERX  2007, celebrada en BOTICAS (Portugal)  do 24 de novembro ao 2 de decembro.

   Na cal a colección de José Angel Gándara Rodríguez, Colon Rumbo a las Indias acadou con 86 puntos a medalla de Ouro, recibindo o premio Escultor Carlos Oliveira.

   E a colección  Del Monasterio Rural a la Catedral urbana de Luciano Lomba Vicente, acadou con 71 puntos a medalla de Prata Grande.

   Tamén a colección de Jorge Martínez Baz, Ese desconocido Principio, acadou con 65 puntos a medalla de Prata.

    No grupo de Literatura no que se presentou o noso boletín EXFIMIÑO, acadou a medalla de Prata.


            Grupo de filatelistas da nosa sociedade que se desprazou ata Boticas.

   Dentro do ámbito local a Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa,  con motivo do 50 Aniversario da chegada dos Padres Somascos a A Guarda, foi convidada polo Colexio a colaborar con algunhas coleccións dos membros da nosa asociación, na exposición Filatélica que se celebrou dentro dos actos conmemorativos, e na que tivo lugar a presentación dun selo personalizado de dito evento.




                           Selo personalizado do colexio PP Somascos.           
No vindeiro día un de marzo, sábado, dará comezo na Sociedad los Amigos de Camposancos, os actos de seu centenario pro  cal ten concedido un selo  “Tu sello”.No acto da inauguración estará o secretario da Sociedade Filatélica  y Numismática Guardesa, quen será o encargado de facer a súa presentación.





         Selo personalizado conmemorativo con motivo desta celebración.


Neste ano que acaba de comezar seguimos firmando con Correos un contrato de 88 series se selos de España, que distribuímos entre os socios que teñen o seu abono as novidades anuais; este servicio fai que o asociado este unido a nosa Sociedade, co cal lograse que esta sexa unha das mais puxantes da Galicia.

Unha vez mais agradecemos a confianza depositada en nos.

Seguimos  abrindo o local da nosa Sociedade, tódolos sábados de 11 a  1, alí poderedes  consultar, catálogos, revistas e consultas sobre selos e moedas.....e como non, opinións de todo tipo, con sana alegría  e camaradería.

Para calquera día da semán quen queira facer algunha consulta, ofrecese numero de telefono: 986 611193, preguntar por Juan


Captación de novos Socios


Se gustante o selos ou as moedas, faite socio da  Sociedade Filatélica y Numismática Guardesa, dende por “dez Euros ao ano” tes dereito ao abono as novidades de España a valor facial (sen recargo), aparte 0s servicios da nosa Sociedade, somos moitos  pero queremos ser mais.


HISTORIA DO BOLETÍN EXFIMIÑO

    No ano 2000, por iniciativa  do Socio Antón Ferreira Lorenzo, que desde ese momento encargouse da súa coordinación, e co apoio da Xunta Directiva e dos socios, nace este boletín “EXFIMIÑO”, o cal é distribuído entre todas as sociedades filatélicas  de Galicia pertencentes á Federación  de Sociedades Filatélicas de Galicia FEGAS0FI, e entre todos os nosos asociados.
    Nos seus comezos e cunha tirada de 130 números, editábase trimestralmente, (catro números ao ano). 
     A partir do número oito do ano 2002 pasouse a facelo cuadrimestral,  (tres números ao ano).

O noso Boletín ten acadado importantes e significativos galardóns:
  
    Presentouse por primeira vez na exposición, Exfigalicia 2004, celebrada en Tui, na cal consegue  a medalla de  Bronce Prateado.
  
    Na Exposición filatélica Exfigalicia 2007, celebrada en A Guarda, consegue a medalla de Prata.
  
    Na XV Exposición Filatélica Luso-Española, IBEREX 2007 celebrada en Boticas (Portugal), tamén acadou a medalla de Prata.

     Polas moitas ocupacións que ten o amigo Antón Ferreira fóiselle facendo moi traballosa a coordinación deste Boletín, polo cal deixa o cargo que veu desenvolvendo estes anos, e nós queremos agradecerte o traballo ao longo destes anos.


Fuches a alma e verdadeiro fundador do Boletín ”EXFIMIÑO”.

Grazas Antón.


------------------------

Coleccions de Membros da nosa sociedade.

 Dende moi pequena, sobre os 8 anos, empecei a xuntar selos da serie  básica que envían nas cartas hasta que me regalaron o selo da inauguración dos observatorios astrofísicos de Canarias,  chamoume a atención e a partir de aí empecei a interesarme máis polos selos.

Nestes momentos estou empezando unha colección temática "Belleza natural" na que trato de desenrolar como coas plantas podemos coidarnos e embelecernos exteriormente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario