jueves, 2 de septiembre de 2010

historia

Historia da Sociedade filatélica e Numismática Guardesa

     A Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa é fundada o 28 de xuño de 1964 como unha sección filatélica dentro da Sociedade Prol-monte Santa Tecla e se denomína Grupo filatélico Gardes. O 18 de febreiro de 1997, ante a inactividade da Sociedade Prol-monte Santo Tecla, apróbanse estatutos propios e pasa que a  denominarse Sociedade Filatélica e numismática Guardesa contando cun local propio na Casa da Cultura na rúa Ramón Sobrino 8 da Guarda.
    Nestes 48 anos de vida, pasaron máis de 300 socios, actualmente conta con 10 Socios de Honra, 2 Socios Protectores, 103 Socios de Número e 15 Socios Xuvenís. Hai que ter en conta que a localidade da Guarda non chega aos 10.000 habitantes e é a 3ª Sociedade de Galicia con maior número de Socios.
    Entre as actividades levadas a cabo nestes anos hai que destacar, a II Exposición Rexional da Federación Galega, posteriormente “Exfigalicia”, no ano 1970 que ademais era a primeira rexional que se celebraba en territorio galego. A 1ª Exposición de filatelia temática Exgaportem celebrada no ano 2001 e a Mostra filatélica da Federación Galega “Exfigalicia”, no ano 1998 e 2007.
    Celebráronse ademais, outras 26 exposicións máis de ámbito local e xuvenís non competitivas.
    A través desta Sociedade foron tamén solicitadas e aprobados pola Dirección Xeral de Correos 15 cuños especiais e un de rolete.
    Desde o mes de xuño do 2000 publícase o boletín “EXFIMIÑO” que se edita cada tres meses, 150 exemplares que se reparten a todos os socios e sociedades filatélicas da Federación Galega.
    Para a promoción coa mocidade, celebráronse nestes anos tres talleres, un no ano 1981 no Colexio Manuel Rodríguez Sinde, no Instituto da “Sangriña ”outro no ano 1985 e o último no ano 2001 con motivo da 1ª Exgaportem celebrada nos salóns do Recreo Artístico Gardes a onde acudiron os alumnos de todos os centros de ensino da localidade. Nas últimas exposicións realizadas, entregamos selos e material filatélico a todos os xuvenís asistentes ás exposicións ou ben acudindo todos os sábados ao noso local social.

No hay comentarios:

Publicar un comentario