viernes, 6 de agosto de 2010

Boletín Exfimiño nº 26

Boletín Informativo da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa

Número 26                                                   septembro-decembro  2008 
Coordinador:  Luciano Lomba

O pasado 18 de outubro inaugurouse no Centro Cultural a mostra EXFIMIÑO 2008 que estivo aberta ao público ata o día 23 de outubro. Nos actos de apertura estiveron presentes o Sr. Alcalde da Guarda D. José Manuel Domínguez Freitas, o Concelleiro de Cultura D. Antonio Lomba Baz, o Concelleiro D. Paulino Rodríguez González, o presidente de FEGASOFI D. Valentín Suárez Alonso, o historiador D. Joaquín Villa Álvarez, o xefe de correos da oficina de A Guarda D. José Luís Franco e o  Concelleiro do BNG D. Xan Lois Lomba Alonso.

    O  Presidente da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, D. Juan Álvarez Sobrino, ausente nesta ocasión, estivo representado por D Luciano Lomba Vicente, vicepresidente de dita sociedade, quen pronunciou unhas palabras explicando o sentido desta exposición.

Seguidamente cedeu a palabra a D. Valentín  Suárez Alonso. A continuación D. Joaquín Miguel Villa, profesor e historiador da vila, falou do homenaxeado D. Pacífico Rodríguez, lembrando algúns aspectos da súa vida. Para finalizar o Alcalde da Guarda, D. José M. Domínguez Freitas dixo unhas palabras, quedando inaugurada a exposición.

    Para esta ocasión contouse coa emisión dun selo e un mataselos especial, e tamén cunha oficina temporal de correos montada no mesmo Centro Cultural e que foi inaugurada polo Sr. Alcalde da Guarda.

    É salientable que todas as coleccións que foron expostas nesta mostra, pertencen a membros da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa.


               Sobre conmemorativo da exposición filatélica EXFIMIÑO 2008


EXFIGALICIA 2008

    O pasado mes de novembro celebrouse en Cangas do 7 o 16  a XXVI  MOSTRA FILATÉLICA DE GALIZA E PORTUGAL, donde participaron máis de 60 coleccións, tendo a honra  de, na xornada inaugural,  contar ca presencia do presidente da Federación Española de Sociedades Filatélicas (FESOFI), D. Fernando Aranáz del Río
    A nosa Sociedade estivo representada polas coleccións dalgún dos seus membros .
Como colección invitada  estivo “COLÓN RUMBO A LAS INDIAS” de José Angel Gándara Rodríguez .

   
    Na clase de competición no grupo 3, FILATELIA TEMÁTICA.   “ESE DECONOCIDO PRINCIPIO”  de  Jorge Matínez Baz, acadou a medalla de  PRATA GRANDE.
    E na mesma categoría  “ DEL MONASTERIO RURAL A LA CATEDRAL URBANA”  de Luciano Lomba, acadou  a medalla de VERMEIL
    Tamén  no gupo 1 de FILATÉLIA TRADICIONAL, Manuel Martínez Martínez  de O Rosal coa súa colección España “ATMS” que acadou a medalla de PRATA GRANDE.

Tamén con motivo de EXFIGALICIA 2008  e na última xornada da mostra, ao finalizar a firma do Protocolo de FEGASOFI E UFINOR a Federación Galega de Sociedades Filatélicas (FEGASOFI),  puxo en circulación un selo personalizado, co logotipo da Federación Galega.


                     Encabezado de pliego de 25 selos.



Como ven sendo habitual nesta edición de EXFIGALICIA 2008,  contouse ca emisión dun mataselos e dun selo personalizado
   
    Anverso e reverso do sobre co selo personalizado e o matáseos da Mostra EXFIGALICIA 2008, adicado a industria conserveira de Cangas.

          Anverso do sobre con selo e mataselos conmemorativo.


O domingo 16 de novembro  as 12 horas no Auditorio Municipal de Cangas con motivo da EXFIGALICIA 2008, asinouse o terceiro  protocolo de actividades filatélicas entre FAGASOFI  e  UFINOR. Estando presentes por parte de UFINOR o seu presidente Dr. Paulo Sa Machado e a súa xunta directiva, e por parte de FEGASOFI o seu presidente D. Valentín Suárez Alonso e a súa Xunta directiva. E actuando como testemuña a Alcaldesa-Presidenta do Ilmo. Concello de Cangas. Dª Clara Millán González.
    E tamén estivo presente o anterior presidente de FEGASOFI D.José Freijanes Domínguez, o cal asinou os dous Protocolos anteriores, xunto co Dr. Paulo Sa Machado presidente de UFINOR.



No transcurso da comida de palmarés que contou coa asistencia da alcaldesa do Ilmo. Concello de Cangas , Clara Millán González, e tras finalizar a entrega  de trofeos o presidente da Federación Galega de Sociedades Filatélicas, D.Valentín Suárez Alonso, en nome do presidente da Federación Española de Sociedades filatélicas, D. Fernando Aranáz del Rio, fixo entrega do Diploma e Certificado a  MELLOR COLECCIÓN ESPAÑOLA do ano 2006 a D. José Ángel Gándara Rodríguez pola súa colección,
COLÓN, RUMBO A LAS INDIAS.




Por Serafín Álvarez Sobrino

JUGUETES:

    La Dirección General de Correos, se propuso filatelizar juguetes que están depositados en distintas Fundaciones españolas, desconociendo si sus propósitos son hacerlo por la totalidad de los existentes en cada una, o si por el contrario lo hará de un solo sello de cada modalidad.



    2 enero 2006. Carné de 8 sellos autoadhesivos, franqueo “A”, que corresponde para la circulación de cartas postales de hasta 20 gramos, para España. El sello que ocupa el 5º lugar del carné reproduce la Mariquita Pérez de la Fundación Raquel Chaves de Vigo. (4201).





    2 enero 20007, Carné de 8 valores “A”, que en el número 5º reproduce el hidroavión que está en la misma Fundación R. Chaves de Vigo. (4291).
    20 abril 2007. Tarjeta de Correos “A”. Arquitectura Postal. Motivos: Anverso, Fachada del edificio de Correos y Telégrafos de San Sebastián, reverso, franqueo de la serie Juguetes, hidroavión. (177).


   
        2 enero 2008. Carné de 8 franqueos “A” que en la posición nº 3 aparece un sello con cubos de playa que están, también, en la mencionada Fundación Viguesa. (¿?).





Por Juan Älvarez Sobrino


SENCILLAMENTE:

    Iniciamos esta colaboración, en la cual Juan nos muestra de su álbum  de “CURIOSIDADES”, vivencias compartidas con el maravilloso mundo de los sellos de correos.... desde su infancia hasta la actualidad.

    Hoja Nº 1.   Mi juego favorito: FIGURAS

Sencillamente: mi juego favorito

Con seis años ya tenía sellos, mi hermano Serafín me daba sus repetidos, los guardaba en una cajita de cartón, jugaba con ellos haciendo figuras en la mesa del comedor.... hacía y deshacía, así un día tras otro.
Estoy convencido que con el juego de los sellos, nació mi otra afición.....
¡¡ El dibujo!!.




--------
O tema do Nadal vén mostrando nos selos obras de arte do pasado e actuais. Esta emisión, correspondente ao Nadal de 2008, que consta de dous selos, reproduce un o Misterio-Belén del Príncipe, un belén napolitano e español do século XVIII, mentres que o selo con temática do Nadal contemporáneo ilústrase cunha Maternidade do pintor J. Carrero.
   
    O chamado Belén del Príncipe é unha obra que está composta de varias figuras que representan o Misterio ao completo. Este grupo de figuras expoñíanse reunidas nunha gruta entre clasicista e rústica. A estas pezas principais do belén únenselles a Cabalgata dos Reis Magos co seu séquito, grupos de anxos e de pastores, ademais de numerosos animais. Os beléns, antes do século XVIII, estaban reservados aos conventos. Coa chegada de Carlos III a España procedente de Nápoles, de onde trouxo estas pezas, as representacións do Nadal incorpóranse á vivenda nobiliaria e aos palacios, onde poden ser visitadas por todo o mundo. As figuras integrantes deste belén foron adquiridas para o príncipe de Asturias e para o infante don Gabriel e están realizadas por diversos artistas napolitanos que traballaban para a corte. A maioría das pezas teñen a cabeza, mans, pernas e brazos tallados en madeira e outras en barro. O corpo é un manequín de estopa e arame que permite dotalos de mobilidade. As figuras que compoñen o Misterio son un Neno espido que descansa sobre un leito, a Virxe coa cabeza cuberta e vestida con traxe de seda e san Xosé cun manto de seda amarelo sobre o ombro dereito e recollido na man esquerda. Ambos os dous miran tenramente o Neno.


NAVIDAD 2008

Fecha de Emisión:  3/11/2008
Estampación:  Offset
Papel:  Autoadhesivo fosforescente
Tamaño del sello:  40,9 x 28,8 mm. (horizontal) y 28,8 x 40,9 mm. (vertical)
Valor facial de los sellos:  0,31 y 0,60 €
Efectos en pliego:  20
Tirada:  Ilimitada para los dos valores postales


O outro selo, cuxo título é Maternidade, está recreado nunha pintura do artista estremeño J. Carrero, autor que vén exercendo a súa profesión artística desde finais dos 70 e que conta ata agora con máis de medio centenar de exposicións en galerías, espazos culturais e museos. O pintor para elaborar a composición que mostra a imaxe do selo inspirouse na figura dunha nai noviña que porta nos seus brazos un neno totalmente espido. Ambas as dúas figuras vistas de perfil, destacan sobre vermellas tonalidades que nos suxiren a cromática da Flor de Pascua, unha planta do Nadal por excelencia.





Si vais a mirar os beléns
e no pesebre o neniño
os nosos parabéns
dende o boletín Exfimiño.

Cos selos sempre xogaba
cando eu era pequeniño
selos e mais selos, canto gozaba
...ao facerme maiorciño.


Selo en sobre ou postal
a nosa Sociedade  vos desexa
un agarimoso e maior natal
e que o aninovo vos protexa.

...Saúde no  2009


______________________________________________________________________________


AVISO:

    Xa podedes recoller os selos de 2008, estamos no local social, calle Ramón Sobrino nº 8 os sábados dende as 11 da maña
ata a 1 da tarde.
Ou chamando ao teléfono 986 611193.

No hay comentarios:

Publicar un comentario