miércoles, 11 de agosto de 2010

Boletín Exfimiño nº 29

Boletín Informativo da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa
Número 29 septembro-decembro 2009



D.Vicente de Vicente Vicente (1864-1917) foi un dos fundadores da Sociedade Pro-Monte
Vicente de Vicente Vicente, öleo cedidido por Carmiña Vicente
Santa Tecla e o seu primeiro vicepresidente, responsabilidade que exerceu entre 1913 e 1916, despois de ser vocal no primeiro ano. Dende ese posto actuou moitas veces como presidente en funcións dada as prolongadas ausencias de titular, Manuel Lomba Peña. De feito moitas reunións da xunta directiva celebráronse no seu propio domicilio. Non faltou a unha soa desas reunións e unicamente a enfermidade que padecía logrou apartalo, no verán de 1916, do exercicio do seu cargo. Faleceu medio ano máis tarde, o sábado 3 de febreiro de 1917, e no informe anual dese ano os seus compañeiros dicían del que, a pesar do seu delicado estado de saúde, foi sempre un entusiasta propagandista de Pro-Monte traballando canto podía, e con decidido interese, pola Sociedade. «A súa memoria seranos sempre grata, e digna de imitar a súa conduta». O seu posto de vicepresidente pasou entón a ser ocupado por Constante Candeira González.                                         

No ano 1913 realizou á Sociedad Pro-Monte unha doazón de verdadeira importancia, 500 pesetas, cantidade que supoñía o 38 por 100 do recadado en todo o municipio da Guarda. Por este xesto foi proclamado socio predilecto, en unión de Juan A. Vila e José Manuel Andreini Verde. Os seus nomes e doazóns pasaron a figurar no cadro de honra da Sociedade, e realizóuselle un retrato a tamaño natural. Eses cadros foron colocados en 1915 no comedor da «casa dos cregos», rehabilitado ese mesmo ano.
A historia persoal de Vicente de Vicente está intimamente ligada a Puerto Rico, a onde emigrou moi novo para dedicarse ao comercio. Grande parte da súa actividade mercantil desempeñouna na casa de comercio Vicente y Co. (1885-1896) que o seu irmán Severo Vicente Vicente –un brillante home de negocios– tiña naquela Antilla. En 1889 retírase Severo entrando Vicente como socio xestor. Así estivo ata o ano 1896 en que el tamén deixa o negocio en activo converténdose en socio capitalista. A razón social pasou entón a denominarse Sucesores de Vicente y Co. (1896-1900), momento no que con toda probabilidade se retirou a España. Tras o seu regreso entrou a formar parte da sociedade que o seu irmán Severo fundara en Vigo tras retirarse, co mesmo nome de Vicente y Co. e os mesmos negocios. Pero a diferencia de Severo, que residía en Vigo, Vicente de Vicente retirouse a vivir á vila da Guarda, levantando na rúa Ezequiel Ordóñez –actual Rúa Galicia– unha magnífica casa indiana cunha galería lateral que facía esquina. Vicente de Vicente tamén participou no asociacionismo de Puerto Rico pois nos consta que na xunta directiva da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de San Juan do ano 1894 figuraba como vocal. Pero a súa gran contribución realizaraa na Guarda, como un dos artífices da asociación Pro-Monte Santa Tecla.


Texto de Joaquín Miguel Villa Álvarez


Tres coleccións da Guarda premiado na Exposición Filatélica Nacional, Campionato de España, EXFILNA 09 celebrado en Irún

J.A.Gándara, Luciano Lomba e Jorge Martínez, con as súa medallas e diplomas

   Do 6 ao 12 de outubro celebrouse a Exposición Filatélica Nacional, Campionato de España, en Irún (Guipúscoa), á que concurriron, aproximadamente, 170 coleccións de toda España, de elas 18 de Galicia e tres representando á Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa. Nos máis de 40 anos de existencia desta Sociedade foi a primeira vez que participaron tres coleccións desta localidade nun campionato nacional, o que motivou que o colectivo guardés recibise as felicitacións dá organización, Federación Española e moitos afeccionados a filatelia, pois non é doado que nunha localidade tan pequena leve tal representación.

   O éxito foi maior o domingo pola noite na cea de palmarés, xa que as coleccións da Guarda, “Colón Rumbo a las Indias ”, de José A. Gándara, conseguía unha nova medalla de Ouro con 87 puntos; a colección “Del Monasteiro rural a la Catedral urbana”, de Luciano Lomba Vicente, lograba por primeira vez a medalla de Vermeil con 75 puntos, o que vén a confirmar a súa evolución, e por último a colección de Jorge Martínez Baz, con “Ese desconocido principio”, que participaba por primeira vez nun certame nacional, acadaba medalla de Prata Grande con 73 puntos, converténdose na mellor colección debutante nesta edición.
A Xunta Directiva da Sociedade Filatélica Guardesa felicitou os participantes sentíndose moi satisfeita polo traballo que vén realizando e esperando que en próximas ocasións sexan máis os socios que poidan concorrer a unha exposición nacional..


O pasado venres, 30 de outubro, inaugurouse no Recreo Artístico Guardés a Exposición Filatélica Exfimiño 2009, organizada pola Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, dedicada nesta ocasión a Vicente de Vicente Vicente, cofundador da Sociedade Pro-Monte Santa Tecla da que foi vicepresidente entre 1913 e 1916.
Un momento da inauguración da exposición filatélica

No acto de inauguración estaban presentes entre outras autoridades o Sr. Alcalde da Guarda, José M. Domínguez Freitas, o Subdirector do Instituto Postal da República Dominicana (IMPOSDON), D. Eduardo Fernández, Director da zona 1 de Correos, D. Celso Gomez Otero, Presidente de Fegasofi, D. Valentín Suárez Alonso, Presidente de Ufinor, D. Paulo Sa Machado, Presidente da Sociedade Filatélica e N. Guardesa, D. Juan Álvarez Sobrino, entre outros.
Destacar as palabras do Sr. Alcalde da Guarda que se referiu á Sociedade Filatélica Guardesa coma unha referencia non só a nivel provincial, se non tamén galego e incluso nacional e ás persoas que a compón que teñen acadado moitísimos e recoñecidos premios. Para a Vila da Guarda de dez mil habitantes que faia unha Sociedade con esta puxanza, é de destacar, pero tamén de darlle ánimos para que sigan facéndoo como ata agora.
A seguir o Secretario da Sociedade Filatelica Guardesa deu lectura da acta da última Asemblea Xeral Extraordinaria onde se aprobou por unanimidade o nomeamento de Socios Honorarios aos Sres. D. Joaquín Miguel Villa Álvarez e D. Ángel Pérez Álvarez pola súa estimada colaboración e traballo desinteresado en favor desta Sociedade, o Vicepresidente da S.F.N.G., D. Luciano Lomba Vicente, en lugar do Presidente D. Juan Álvarez Sobrino, ao estar indisposto por problemas de saúde, fíxolles entrega da insignia e un diploma acreditativo.
. Tamén a través do Sr. Alcalde da Guarda fíxoselle entrega a D. Eduardo Rodríguez Subdirector de IMPOSDON dun diploma de agradecemento por honrarnos coa súa presencia neste acto.
Esta edición de EXFIMIÑO serviu, a petición do condecorado, para facer entrega da Medalla, Insignia de Ouro e Diploma ao Mérito Filatélico de Fegasofi 2009 a D. José Manuel González Troncoso, Presidente do Grupo Filatélico de Tui, Vicepresidente de Fegasofi, destacado coleccionista e Xurado rexional.
Un momento da entrega da medalla a D. J. Manuel González Troncoso


  O Secretario Xeral de Fegasofi leu a Acta da Asemblea Xeral Extraordinaria do 28 de febreiro de 2009 celebrada en Vigo onde foi aprobada por unanimidade.
Sobres e matasellos do primeiro día de circulación de Santo Domingo e A Guarda

O pasado 30 de outubro celebráronse, no Centro Cultural da Guarda, os actos de posta en circulación da emisión de selos emitidos pola República Dominicana nos que se reproducen a Praza Galicia, en Santo Domingo, e a Praza Santo Domingo de Guzmán, na Guarda.   Interviñeron no acto de posta en circulación do selo en A Guarda D. Manuel Lorenzo Costa, quen recordou o hermanamento entre a ciudad primada de Santo Domingo e a Vila de A Guarda no ano 2005 e fixo un repaso do acontecemento mencionando os actos habidos a un e outro lado do Atlantico, o director da zona 1 de correos de Galicia D. Celso Gómez Otero, o director do Instituto Postal Dominicano (IMPOSDOM) licenciado Eduardo Fernández e cerrou o acto de presentación o Alcalde de A Guarda D. José Manuel Domínguez Freitas quen referíndose o hermanamento da ciudad de Santo Domingo de Guzmán e a vila de A Guarda, e a labor de colaboración en común dos traballos realizados por ambos lados.
Sobre e matasellos ca figura do homenaxeado D. Vicente de Vicente


A seguir inaugurouse a estafeta temporal de Correos cun novo mataselos especial conmemorativo homenaxeando á figura de D. Vicente de Vicente. A continuación pásase ao salón de exposicións coas autoridades facendo un percorrido polas destacadas coleccións expostas, un total de 20 e a exposición de traballos manuais, pintura, maquetas, escultura, tallas e fotografías.


Nos pasados días do mes de novembro celebrouse, en Angra Do Heroísmo capital da Illa Terceira do archipielago das Azores no Centro Cultural e de Congresos, a 1ª Mostra Filatélica “PEROLAS DO ATLÁNTICO, no Centro Cultural e de Congresos.

E na cal participaron na clase de competición, Temática, un cuadro dúas destacadas filatelistas da nosa Sociedade, Cristina Domínguez Rotea, que acadou a medalla de Prata Grande e Marta Verde Rodríguez, que acadou a medalla de Prata
As dúas galardoadas nunha exposición anterior


A exposición cerou as súas portas ao publico o domingo día 1 de novembro cun importante éxito de público e co ánimo moi alto por parte da

No hay comentarios:

Publicar un comentario