martes, 10 de agosto de 2010
Novo éxito dos filatelistas guardeses
Do 30 de xullo ao 7 de agosto celebrouse en Belo Horizonte ( Brasil) a exposición nacional de filatelia, organizado pola Federación dos Filatelistas do Brasil, nesta ocasión ademáis participaban coleccións de Estados Unidos, Colombia, Paraguai, Uruguai, Portugal e Galicia, debido ao protocolo de colaboración que teñen asinadas as Federacións de Galicia e Norte de Portugal. En total 95 coleccións representando aos 7 países participantes, por Galicia, 6 coleccións, dúas da Coruña, dúas de Ourense e dúas de Pontevedra, en concreto os dous membros da Sociedade Filatélica Guardesa, Luciano Lomba Vicente con “Estilos Arquitectónicos relixiosos en Europa e Áreas da súa Influencia" e Jorge Martínez Baz con “Ese descoñecido principio”. O Fallo do Xurado fixose publico na cea de palmares do sábado outorgandolle a 85 puntos - Medalla de Vermeil Grande e 81 puntos Medalla de Vermeil, respectivamente, é a maior puntuación recibida por estas dúas coleccións ata agora, ademais tendo en conta que eran as súas estreas nunha exposición internacional.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario