Boletín Informativo da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa
Número 31 maio.xullo de 2010
Número 31 maio.xullo de 2010
Coordinador Luciano Lomba Vicente
VINDEIRAS EXPOSICIONS
HOMENAXE Á SOCIEDADE PRO-MONTE
No vindeiro mes de outubro continuaremos co proxecto que empezamos alá polo 2005, co cal a Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa. Quere homenaxear aos compoñentes da primeira Xunta Directiva da Sociedade PRO-MONTE, pola súa contribución a cultura de A Guarda e sobre todo, a prol do Patrimonio do Monte Sta. Trega.
Como en anos pasados faremos un matáseos especial, nesta ocasión o homenaxeado ao tesoureiro da Pro-Monte , D. José María González Cividanes.
A exposición inaugúrase o día 9 de outubro e contará coas colección dos nosos socios e tamén de algunhas coleccións invitadas, como ven sendo habitual exporanse maquetas, tallas, pintura...
Tamén varios membros da nosa Sociedade participarán na exposición filatélica EXFILNAS´2010, que terá lugar na cidade de Belo Horizonte (Brasil).

José María González Cividanes
José María González Cividanes (1855-1921) foi un dos fundadores da Sociedad Pro-Monte Santa Tecla e o seu primeiro tesoureiro, cargo que desempeñou fielmente durante oito anos, dende 1912 ata 1920, sen faltar a unha soa das reunións da Xunta Directiva. O seu papel foi especialmente importante no difícil ano social de 1916-1917, cando tivo que actuar nalgunha ocasión como presidente accidental por ausencia do titular Manuel Lomba. Unicamente a enfermidade que lle sobreveu en xuño de 1920, e que finalmente rematou coa súa vida, logrou apartalo do desempeño do seu cargo.
Faleceu medio ano máis tarde, o primeiro de xaneiro de 1921, pasando a ocupar o seu posto o socio José Benito Sobrino Rodríguez.
En xuño de 1921 os compañeiros de directiva acordaron propoñer que se colocase un retrato seu no museo, proposta que foi aceptada pola Xunta Xeral no mes de agosto. Na memoria dese ano 1921, os seus compañeiros dicían del o seguinte: «Declaramos que cumpriu sempre como bo e, ao render a súa vida, deixa entre nós un baleiro moi difícil de encher».

D. José María González Cividanes (Foto cedida por A. Martínez |
Como curiosidade pódese dicir que José María González Cividanes foi o primeiro condutor en estrear a nova estrada de suba ao monte, concluída no verán de 1914, ao percorrela co seu automóbil o día 14 de agosto. Por este motivo, quince días máis tarde autorizouse a suba de automóbiles á festa do monte do 30 de agosto, aínda que a directiva «non se facía responsable de ningún accidente, pois a estrada non está aínda en condicións de completa consolidación».
Tamén é importante sinalar que o primeiro museo de Pro-Monte foi creado en 1917 nun local propiedade do mesmo tesoureiro, José María González Cividanes, situado na esquina entre a rúa Ezequiel Ordóñez (hoxe rúa Galicia) e o arranque da estrada a Fornelos (hoxe rúa República Dominicana), un baixo polo que a Sociedad Pro-Monte pagaba un aluguer mensual de oito pesetas.
Como tantos outros guardeses da súa época, a historia persoal de José María González está intimamente ligada a Puerto Rico, a onde emigrou moi novo para dedicarse, con grande éxito, ao comercio. Alí atopámolo xa no ano 1877, con tan só 22 anos, establecido co seu irmán Ricardo á fronte da sociedade mercantil González Hermanos (1877-1879). Dous anos máis tarde independízase cun negocio propio.
Así estivo seis anos ata que en 1885 converte o seu establecemento comercial nunha compañía chamado Trigo, Cividanes y Co. (1885-1892), dando entrada nela, como socios xestores, a varios parentes, pasando el a categoría de socio capitalista. Foi entón cando regresou a España, residindo inicialmente na cidade de Vigo e despois xa en A Guarda, onde edificou unha preciosa casa indiana na rúa Puerto Rico.
A pesar de estar retirado, continuou realizando numerosos investimentos en casas comerciais de Puerto Rico. Na Guarda protagonizou tamén algúns proxectos industriais, como a fábrica de gasosas «Santa Tecla», creada por el entre 1907 e 1908, a cal vendeu dez anos máis tarde, en 1918, ao seu entón compañeiro de directiva Laureano Alonso Portela.
Casa indiana de J. Mª González Cividanes |
Textos de D. Joaquín Miguel Villa Álvarez
FILATÉN 2010
Acaba de finalizar en Avilés, Asturias, o campionato de España de filatelia temática, do 19 ao 26 do mes de xuño. Participaron un total de 86, das mellores coleccións de España, ademais, nesta ocasión estaban convidados a participar os expositores de Francia, Brasil e Cuba.
De Galicia participaron 10 coleccións 4 delas de membros da Sociedade Filatélica da Guarda, que ademais conseguiron estar entre as 5 con maior puntuación, pero destacar a participación de 4 expositores coa puntuación necesaria para estar presentes nun campionato nacional só superada pola sociedade organizadora e Miño de Ourense, para unha poboación como é A Guarda pódese considerar un gran éxito.

Filatelistas de A Guarda na FILATEN 2010 |
A nivel particular, as coleccións de “Estilos arquitectónicos relixiosos de Europa” de Luciano Lomba e “Ese descoñecido principio” de Jorge Martínez Baz, a pesar de baixar algún punto en relación a anteriores participacións, seguen no bo camiño e consolidándose nun nivel medio das coleccións españolas.
A colección de “Beleza natural” de Marta Verde Rodríguez, foi unha das sorpresas gratas da exposición que participaba por primeira vez nun certame nacional, recibiu 77 puntos conseguindo unha medalla de vermeil, entre as debutantes resultou a segunda mellor, é moi gratificante, recibir as felicitacións do xurado e publico.
Marta Verde Recibindo a súa medalla |
Entre as tres mellores coleccións participantes con medallas de ouro e empatadas a 88 puntos estaban as coleccións de “Petróleo” de Carlos Suárez de Brasil, “A cada un os seus calzados” de Marie Ghisela Porte de Francia e a guardesa “Colón, rumbo ás indias ”de José A. Gándara, resultou a gañadora e despois da última deliberación do Xurado levarse o Gran Premio da exposición, o maior éxito obtido, entre os moitos recibidos, por esta colección.
Nunha cea celebrada no Palacio de Ferrara de Aviles, o día de clausura, entre outras autoridades, o Excmo. Sr. Delegado do Goberno en Asturias, D. Antonio Trevín Lombán, entrega a José A. Gándara o máximo galardón da exposición doado polo Presidente do Goberno do Principado de Asturias. Esta colección o día 20 de maio con motivo dos actos do “Día marítimo europeo” foi convidada que hai que participar nunha mostra filatélica en Xixón, onde estiveron presentes entre outras autoridades, os Príncipes de Asturias.
José A. Gándara recibe o trofeo de mans do delegado do Goberno en Asturias D. Antolín Trevín |
PERSONAS Y MOTIVOS DE PONTEVEDRA
Por Serafín Álvarez Sobrino
DEPORTES
6 de julio de 2001. 25 años de la Copa de Fútbol de S.M. el Rey. Mini pliego de 8 sellos y cuatro esquinas con viñetas, del Real Zaragoza, campeón, Real Club Celta de Vigo Subcampeón y Atlético de Madrid y F.C. Barcelona semifinalistas. nº Edifil 3805.
NATURALEZA
21 de octubre 2004. Vista aérea de las islas Mies, situadas en la entrada de la Ría de Vigo, forman parte del Parque Nacional Marítimo Terrestre de las Islas Atlánticas de Galicia. Nº edifil: 4122.
FAROS
2 de septiembre 2008. Hoja de seis sellos con faros españoles. El 4º reproduce el Faro de cabo Silleiro que fue inaugurado en el año 1866, utilizando aceite vegetal hasta 1909 año en que empezó a consumir petróleo. En 1929 se inauguró un nuevo edificio con 85 metros de altura sobre el nivel del mar y alcance de 33 nudos. Nº Edifil 4430.
Juan Álvarez Sobrino marzo de 2010
A TODOS LOS SOCIOS:
Estimada familia Filatélica:
Por mis condiciones físicas tan deficientes, me encontré con la obligación de renunciar al cargo de Presidente de la Sociedad, al no poder cumplir con mi cometido, que el cargo me exigía.
Quiero agradecer a los Directivos y Socios de la Sociedad Filatélica y Numismática guardesa, por todas las atenciones recibidas a favor de mi persona durante tantos años.
Unidos como una piña, vosotros, vosotros sois los verdaderos artífices de que nuestra Sociedad alcanzara tal alto nivel en la filatelia: local, provincial, regional, nacional e internacional.
Orgullo y ejemplo asociativo de A Guarda
Por todo lo expuesto, mi humilde persona se vio gratificada con los mayores galardones filatélicos.
Me viene a la memoria, mis primeros Sellos con los que jugaba de muy niño (Mi juego favorito) fueron pasando los años y sigo disfrutando más y más con mi juego, cada día. Por mis manos pasaron miles y miles de sellos…. Si digo… un millón… dos millones… quedo corto.
Felicitar al nuevo Presidente: Luciano Lomba Vicente al que deseo que en su cargo reciba las mismas, o más satisfacciones como desearía para mí.
Un sincero abrazo a todos
Fdo Juan Álvarez Sobrino

Exposición Filatélica no Rosal
O pasado 16 de xullo inaugurouse a XVIII FEIRA DO VIÑO DO ROSAL, coa presencia de moitas autoridades dos Axuntamentos do Baixo Miño, contando como é natural co alcalde de O Rosal D. Jesús Fernández Rocha, nesta ocasión contouse coa presencia do presidente da Deputación de Pontevedra D. Rafael Louzán, tamén estivo presente o concelleiro de Medio Ambiente D. Gumersindo Alonso.
Este ano actuou como pregoeiro da Feira do Viño do Rosal o actor Sancho Gracia.
Como ven sendo habitual, a Sociedade Filatélica Val do Rosal organiza unha exposición filatélica con mataselos especial, o cal este ano estivo dedicado ao Camiño Portugués pola Costa.

NOTICIAS DE FEGASOFI
No pasado 1 de abril o Consello de Dirección da revista “El mensajero del coleccionismo” e a Xunta Directiva da entidade editora decidiron premiar, na súa categoría de Ouro, á Federación Galega de Sociedades Filatélicas, “FEGASOFI” e á Unión de Colectividades Filatélicas do Norte de Portugal, “UFINOR”. Pola colaboración de ambas institucións no desenrolo da Filatelia, Exposicións, Amizade, Cultura e Colaboración entre persoas e entidades filatélicas.
Por este motivo o pasado día 19 de maio, o director da revista, Roberto Martín Prieto, desprazouse á localidade portuguesa de Viana do Castelo para facerlle entrega do galardón ás dúas entidades.
En dita reunión estiveron presentes ademais do directivo Javier Sierra Martín, os presidentes, de FEGASOFI, Valentín Suárez Alonso y o de UFINOR Paulo de Oliveira Sa Machado, acompañados por Francisco Gamallo Rodríguez, José Angel Gándara, Manuel Costa, e Marta Verde por parte de FEGASOFI e Avelino da Silva, Antonio Luis Pinto Fernandes, Miguel Angelo Sousa, Oscar Augusto Marinho e José Luis Monteiro da Costa, por parte de UFINOR.

No hay comentarios:
Publicar un comentario