viernes, 6 de agosto de 2010

Boletín Exfimiño nº 27

Boletín Informativo da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa

Número 27                                                          febreiro-marzo  2008

Coordinador Luciano Lomba
         
Dende o seu comezo, o noso Boletín no ano dous mil  ata o dous mil oito, foron feitos 3770 exemplares, co seguinte reparto por ano.

2000 -> 4 números a  130  520 exemplares
2001 -> 4 números a  130  520 exemplares
2002 -> 3 números a  130  390 exemplares
3003 -> 3 números a  130  390 exemplares
2004 -> 3 números a  130  390 exemplares
2005 -> 3 números a  130  390 exemplares
2006 -> 3 números a  130  390 exemplares
2007 -> 3 números a  130  390 exemplares
2008 -> 3 números a  130  390 exemplares


Para o ano que estamos 2009, pensamos emitir tres números con tirada de 125 unidades .

De novo pedimos a túa  colaboración:
Artigos...   Suxerencias... Crítica... Falarnos da  súa colección...  Selos...  Moedas...   Bitolas...  Almanaques...  Carteis.... Fotos... ETC..

XUNTA DIRECTIVA
PRESIDENTE
D. Juan Álvarez Sobrino
VICEPRESIDENTE
D. Luciano Lomba Vicente
SECRETARIO
D. José A. Gándara Rodríguez
ADMINISTADOR
D. Rafael Alonso Gómez
VICESECRETARIO
D. Jorge Martínez Baz
VICETESORERA
Dña. Marta Verde Rodríguez
VOCALES
D. Antonio Ferreira Lorenzo
Dña. Almudena Taboada Lago
Dña. Cristina Domínguez Rotea
D. Ignacio Rodríguez Álvarez
D. Ramón González González



ACTA DA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA SOCIEDADE FILATELICA E NUMISMATICA GUARDESA, CELEBRADA NO LOCAL SOCIAL, SITO NA RÚA RAMON SOBRINO 7, O DÍA 15 DE FEBREIRO DE 2009.

A Guarda, a día 15 de febreiro de dous mil nove, sendo as once horas e trinta minutos, en segunda convocatoria, reúnese no local social a ASEMBLEA XERAL ORDINARIA da Socieda-de Filatélica e Numismá-tica Guardesa.
         En ausencia do Presidente, D. Juan Álva rez Sobrino preside a Asemblea o Vicepre-sidente D. Luciano Lomba Vicente que antes de comezar ten unhas palabras de recordo por D. Manuel Fuentes que D.E.P. e gárdase un minuto de silencio na súa memoria. A seguir dá paso a tratar os seguintes puntos da:

ORDE DO DÍA:

. 1º- Lectura e aprobación, se procede, da Acta da Asemblea Xeral Ordinaria celebrada o día 7 de marzo de 2008.

 Lese,  e apróbase por unanimidade

 2º Informe de actividades realizadas durante o ano 2008 e actividades a realizar no ano 2009, e aprobación, se procede.
O Secretario fai un repaso das actividades realizadas durante o ano 2008:  
           Actualización dos catálogos Ivert, se realizou no mes de outubro a exposición Exfimiño no Centro Cultural con todas as coleccións de expositores da nosa Sociedade, aos cales se lles entregou unha insignia de prata, como lembranza. Emitiuse un novo selo, nesta ocasión, un Torques que se atopa no Museo Santa Tecla e un cuño coa imaxe do personaxe homenaxeado, D. Pacifico Rodríguez.
Seguiuse editando o boletín Exfimiño, a realización dun novo curso de temática e séguese co abono de selos e moedas de España.
Participaron na Exfigalicia, de Cangas os expositores Luciano Lomba e Jorge Martínez na Clase Competición e José A. Gándara como convidado.
             Para o presente ano esta previsto realizar a exposición Exfimiño do 9 ao 12 de outubro nos salóns do Recreo Artístico Guardés, ademais de expoñer as coleccións de filatelia, temos a idea de abrilo a todo tipo de colecciónismo, pintura e fotografía.             Seguirase coa edición do boletín Exfimiño, renovación de catálogos, seguimento e asesoramento das coleccións e cos abonos habituais.
             O informe é aprobado por unanimidade.

3º Informe do Sr. Administrador, e a súa aprobación, se procede;
              Ante a ausencia do Sr. Administrador, este déixoulle o resumo das contas do ano 2008 ao Secretario, que dá lectura:
Saldo favorable a 7/1/2008- 3.492,39 €.
Saldo favorable a 31/12/08- 4.256,43 €
A 28 de xaneiro de 2009 se nos abonou a subvención, de 2008, do Concello da Guarda por importe de 600,00 €. E pagáronse xa varias emisións do ano 2009. Queda por pasar os recibos dos socios correspondentes ao ano 2009. Saldo favorable a 28/1/09 – 3.408,75 €.
            O informe é aprobado por unanimidade.

4º Actualizar cota de socio anual, e a súa aprobación, se procede.
          O Vicepresidente, D. Luciano Lomba, propón, tal e como se acordou en reunión de Xunta Directiva pasar a cota de socio 1 € ao mes, 12 € ao ano. O Sr. Gándara propón actualizar, catálogos de selos, moedas e ampliar a biblioteca e para fomentar que os expositores participen en exposicións competitivas rexionais, a cota de inscrición sexa asumida pola sociedade. D. Manuel Martínez propón comprar metacrilatos para os cadros expositores para substituílos polos que están en mal estado. Apróbase por unanimidade a suba de cota e a xunta directiva fará todo o posible para realizar todas as propostas.

5º Rogos e Preguntas.

Dona Cristina Domínguez propón solicitar a medalla de Ouro ao Mérito Filatélico de Fegasofi para D. Juan Álvarez Sobrino, pola súa ampla labor e curriculun filatélico.

Apróbase por unanimidade.


Sen máis asuntos que tratar, sendo as 12,30 horas, dáse por terminada esta Asemblea Xeral Ordinaria, da que eu, como secretario, dou fe, dando paso á Asemblea Xeral Extraordinaria.


Vº Bº del Vicepresidente                                El Secretario



D. Luciano Lomba Vicente.                    José A. Gándara Rodriguez


    BORRADOR DO ACTA DA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DA SOCIEDADE FILATELICA E NUMISMATICA GUARDESA, CELEBRADA NO LOCAL SOCIAL, SITO NA RÚA RAMON SOBRINO 7, O DÍA 15 DE FEBREIRO DE 2009.
Na Guarda, a día 15 de febreiro de 2009, pasados uns minutos do termo da Asemblea Xeral Ordinaria, dá comezo a Asemblea Xeral Extraordinaria da Sociedade Filatélica e N. Guardesa, no local social, coa asistencia das mesmas persoas, co seguinte:

ORDE DO DÍA
1º Aprobación, se procede, do Acta da Xunta Xeral Extraordinaria celebrada o día 31 de agosto de 2007.

. Lese o Acta que é aprobada por unanimidade

2º Nomeamento de socios de Mérito a D. Joaquín Miguel Villa Álvarez e D. Ángel Pérez Álvarez, e aprobación, se procede.

O Sr. Gándara, como Secretario, aclara que nos actuais estatutos non aparece esta figura, denomínase Socios Honorarios. Lese os méritos, coñecidos por todos, veñen colaborando ano tras ano de forma totalmente desinteresada con esta Sociedade.
Apróbase por unanimidade e o Secretario llo comunicará o antes posible por correspondencia.

Ás 12 horas e 40 minutos, o Sr. Vicepresidente dá por finalizada a Asemblea Xeral Extraordinaria, da que eu, como Secretario, dou fe.

Vº Bº do Vicepresidente                                    El Secretario

D. Luciano Lomba Vicente.          José A. Gándara Rodríguez  

-----
2009- Comezamos  o ano e xa temos o carné das seis primeiras autonomías, onde vemos a nosa Galicia, representada no terceiro selo, (Escudo, Bandeira e mapa).
 
    A serie dedicada ás Autonomías, con formato de carné composto por oito selos autoadhesivos de tarifa A, válida para as cartas normalizadas dirixidas a calquera punto da xeografía española   

AUTONOMÍAS:
Fecha de Emisión: 02/01/2009
Estampación: Offset
Papel: Autoadhesivo fosforescente
Tamaño del sello: 40,9 x 28,8 mm. (horizontal)
Medidas del carné sin plegar: 166 x 63 mm.
Valor facial de los sellos: Tarifa A (1 sello = carta normalizada hasta 20 gr. para España)
Tirada: Ilimitada




No carné filatélico reprodúcense os perfís xeográficos de seis comunidades autónomas e as súas respectivas bandeiras, ademais do escudo e a bandeira de España. A bandeira de España adoptouse en 1981, tras modificarse o Escudo Nacional. De cores amarela e vermella, baséase no deseño de 1785 que se foi variando paulatinamente. O Escudo de España que está regulado pola Lei 33/1981, do 5 de outubro, é o símbolo heráldico do Estado e os elementos que o compoñen contan cunha tradición de máis de nove séculos de historia.
    Desde 1981 o Principado de Asturias conta co seu Estatuto de autonomía. A súa bandeira está formada pola Cruz da Victoria, en amarelo sobre fondo azul. Dos brazos penden as letras gregas alfa e omega, como significado do principio e a fin.
    O Estatuto autonómico de Galicia aprobouse en 1981. A súa bandeira institucional inspírase no antigo estandarte da provincia marítima da Coruña do século XIX. O fondo é de cor branca atravesado por unha banda diagonal azul.
    Tamén en 1981 a comunidade de Cantabria obtivo o seu Estatuto de autonomía, no que se establecen as cores da bandeira oficial: dúas bandas horizontais da mesma anchura en branco e vermello co escudo da rexión no centro.Cataluña obtivo a Autonomía en 1979 e a súa bandeira ou señera é a tradicional dos reis de Aragón. Está formada por catro barras vermellas sobre cinco amarelas.
    Desde 1979 o País Vasco conta co seu Estatuto autonómico. A súa bandeira ou ikurriña es bicrucífera, formada por unha aspa verde, cruz branca superposta e fondo vermello.No selo dedicado a Andalucía, con autonomía desde 1981, as cores da súa bandeira, branca e verde, evocan as tonalidades da paisaxe andaluza e simboliza a esperanza no futuro e a paz. No escudo intégrase a figura de Hércules suxeitando dous leóns entre columnas.

----
Por Serafín Álvarez Sobrino
PERSONAJES Y MOTIVOS DE PONTEVEDRA

    EXFIMIÑO publicó en sus números 16 al 20, los años 2000 y 2006 los sellos de esta temática emitidos hasta noviembre de 2003.
    Ahora sigue esta publicación comenzando con datos y referencias omitidas anteriormente, ampliando otros de grupos ya iniciados, y de nueva creación.
    Ante situaciones adversas durante la época 1936-1939, fueron creadas determinadas instrucciones y normas encaminadas a regularizar los servicios de correos.
En primer lugar, por Decreto del 14 de agosto de 1936, se establece que las ciudades pudiesen percibir una sobretasa de 10c. mediante sellos  de emisión no oficial, en toda clase de correspondencia, si bien por falta de sellos en el norte de España, se utilicen como franqueo ordinario, sin perjuicio además como sobretasa.
    En segundo, se dictaron normas para la utilización de sellos existentes, mediante sobrecargas alusivas a cada provincia española.
    Por último, la Orden de la Presidencia de la Junta Técnica del Estado, de fecha 26 de noviembre de 1939, prohíbe la emisión de sellos sin la autorización del la Comisión de Hacienda.

EMISIONES LOCALES
   
    1936. Sellos “Por la Patria”, sin dentar. Motivo: Santiago Caballero, Cruz de Santiago, leyenda y valor facial. Emitidos por Imprenta Roel de Vigo.
    Pontevedra. 1936. Sellos republicanos sobrecargados “!Viva España! Pontevedra 20 de junio de 1936”. (1/19).- 1937. Sobrecargados “!Arriba España! Pontevedra 10 de julio 1937 II Año Triunfal”. (20/27).-“Coreo aéreo ¡Arriba España! Pontevedra 18 de Julio 1937 II Año Triunfal” dos modelos de sobrecarga.(28/32).


    Por Serafín Álvarez Sobrino

PERSONAJES Y MOTIVOS DE PONTEVEDRA


NAO “SANTA MARÍA”

24 de abril 2006. Hoja Bloque  V Centenario de la muerte de Cristóbal Colón. Motivo: su efigie y mapamundi con la ruta de la expedición formada por la nao “Santa María” y las otras dos carabelas (4239).





ESCUDOS

11 DE NOVIEMBRE 2006. República Dominicana. Emisión con motivo del hermanamiento de Santo Domingo y La Guardia. Reproducción  de los escudos de ambas ciudades, leyenda alusiva, frutos del país y valor facial.





DIARIOS CENTENARIOS

    Diario de Pontevedra. Su publicación inicial fue el día 12 de julio de 1889. interrumpiéndose el 28 de febrero de 1938. en 1983 inició una segunda etapa con el patrocinio de la Cámara de
y Navegación, en 1967 se constituyó como Sociedad Corporativa, integrada por 28 trabajadores, hasta finales de los años 90 que fue adquirido por el grupo El Progreso de Lugo, manteniendo su misma cabecera.    20 de abril 2006. Emisión. Motivos: Año de Fundación, patio, edificio y valor facial. (4230).


 Por Juan Älvarez Sobrino

SENCILLAMENTE:

Hoja nº2. Mi juego favorito:

    HISTORIA, ANECDOTAS, CURIOSIDADES, RECUERDOS.....

    La manera que aumentó mi colección de sellos cuando era niño, fué jugando a las bolas, al Gúa, primera, segunda, truque, mas truque, pie, bola y gúa. En el patio de la escuela, el juego se me daba muy bien y ganaba, entonces los niños que no tenían bolas me pagaban con sellos.
    Conservo tres bolas, con las que yo más jugaba.

              Hoja de mi primer álbum de sellos, la libreta de la escuela.

NECROLÓXICAS

    D. Anastasio Manuel Fuentes Gómez , socio fundador, vocal, vicepresidente dende 1997 ata o 2003, e dende o ano 2000 co gallo do 35 aniversario da Sociedade Filatélica, foi nomeado xunto cos socios fundadores vivos en aquel intre, socio de honra da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, coleccionista de selos e moedas, tiña o labor de ir polos comercios para recoller os selos da correspondencia, lavábaos e xuntábaos por milleiros, para mandalos logo para  obras benéficas, polo cal recibiu logo de moitos anos, un trofeo e diploma. Faleceu o pasado 24 de xaneiro.
    A Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, envía a
testemuña da súa condolencia a os familiares e amigos. Fuentes  (nome co que era coñecido) descansa en paz..


Amigo Fuentes, cando menos lo esperábamos nos deixas.
Cantas horas pasamos xuntos, no chiringuito, coa túa sorrisa contaxiosa, como camiñabas moito sempre me traías novidades de o pobo, de maneira especial das obras.
A diario pasabas por correos a recoller o apartado, me chamabas por telefono..... Juan tes selos en correos.... Juan díxome o xefe cuantos queres de tal, ou cal modelo, sempre estabas pendente de min.
Nunca esquecerei a túa presencia tan agradable.


Juan

No hay comentarios:

Publicar un comentario