viernes, 12 de octubre de 2018

INAUGURACIÓN EXFIMIÑO 2018



 EXPOSICIÓN FILATÉLICA EXFIMIÑO 2018

       Onte día 11 de outubro tivo lugar a inauguración  da exposición filatélica EXFIMIÑO 2018 na súa XXII edición, o acto tivo lugar as 20:30 horas na Casa dos Alonsos.
       Estiveron presentes: a Deputada Provincial Dnª. Montserrat Magallanes, a Concelleira de Cultura do Concello de A Guarda Dnª. Elena Baz, o Presidente de FEGASOFI  D. Valentín Suárez Alonso, o historiador guardés D. Joaquín Miguel Villa Álvarez, o xefe da oficina de correos de A Guarda D.José Luís Franco e o presidente da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa D. Luciano Lomba Vicente. Así mesmo asistiron ao acto da inauguración tódolos membros da xunta directiva e algúns socios da S.F e N.G, representantes dos distintos grupos políticos, representantes de outras asociacións filatélicas  galegas e de asociacións culturais, tamén público en xeral.
      No acto da inauguración, fixo a presentación o presidente da S.F e N.G, a continuación  o historiador D. Joaquín M. Villla falou non solo do 350 aniversario da retirada da presenza militar portuguesa de esta localidade senón tamén do castelo de Sta. Cruz, a continuación  dirixiuse ao público presente o presidente da Federación Galega de Sociedades Filatélica D. Valentín Suárez, logo tomou a palabra a  Concelleira de Cultura do Concello de A Guarda Dnª. Elena Baz que leu unha carta en nome do alcalde que non poido estar presente, e de seguido a Deputada Provincial Dnª. Montserrat Magallanes cerrou o acto cunhas palabras. Púxose en circulación un selo personalizado con motivo alusivo ao castelo de Sta. Cruz, así como dun matásellos conmemorativo neste caso unha imaxe da porta principal do castelo.
    Unha vez acabado o acto da inauguración o numeroso público asistente admirou as distintas coleccións expostas na Mostra.

O presidente D. Luciano Lomba facendo a presentación

D. Joaquín Miguel Villa no momento da súa intervención

De esquerda a dereita D. Valentín Suárez, Dna. Montserrat Magallanes, Dna. Elena Baz. D Luciano Lomba, e D. José Luís Franco poñendo en circulación o selo e o mataselos









Presentación do libro COLON RUMBO A LAS YNDIAS


   Presentación do libro  Colón: rumbo a las Yndias
    O día 10 de outubro a Casa dos Alonso acolleu a presentación do libro de filatelia temática «Colón: rumbo a las Yndias» da autoría de José Ángel Gándara Rodríguez,  gran filatélico guardés e socio da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa. 

    O acto contou coas intervencións  do coordinador do libro, Celso R. Fariñas; do autor, José Ángel Gándara Rodríguez; do alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz e do tudense experto no Colón Galego, Antonio Cid Vázquez. 
   Moitas felicitacións en nome da  Sociedade Filatélica e numismática guardesa.

Portada do libro

domingo, 7 de octubre de 2018

IBEREX 2018

 XIX IBEREX 2018
 
Acaba de celebarse  dende o día 27 ata o 6 de setembro, en Vigo a XIX edicción  da Exposición Filatélica Galaico Portuguesa. IBEREX

Nesta nova edicción da IBEREX os socios da SOCIEDADE FELATÉLICA E NUMISMÁTICA GUARDESA participaron  acadando moi boas puntuacions.
 
A colección de Marta Verde Rodriguez con a súa colección "AL SON DE LA GAITA" paricipou na Clase Aberta conseguindo 73.
A colección "DEL MONASTERIO RURAL A LA CATEDRAL URBANA" de Luciano Lomba Vicente,   participou na Clase de competición Filatélia Temática, acadando 86 puntos e medalla de Ouro. 

invitación


INVITACIÓN EXFIMIÑO 2018

   O dia 11 de outubro estades todos imvitados a exposición filatélica EXFIMIÑO 2018. Na cal celebramos o 350 aniversario da retirada da presenza militar portuguesa da vila de A Guarda.

ESPERÁMOSVOS

sábado, 25 de agosto de 2018

EXFIMIÑO 2018

EXFIMIÑO 2018
        Nos vindeiros días 11 ao 17 de outubro celebraremos en A Guarda, a XXXVI exposición filatélica e a XXII EXFIMIÑO que este ano estará adicada a conmemorar o 350 Aniversario da liberación da dominación portuguesa de A Guarda e do Castelo de Santa Cruz. Como ven sendo habitual a mostra estará montada nos baixos da Casa dos Alonsos, edificio donde recentemente se instalaron as dependencias do Concello de A Guarda  
         A inauguración será o día 11 xoves as 20:30 horas  e a mostra estará aberta en horario de mañán de 11  a 14 horas e pola tarde de 17 a 20 horas.
        Poremos en circulación un selo personalizado, cunha imaxe do plano do castelo de Sta. Cruz, (que nos cedeu amablemente InfoMaxe) e un cuño conmemorativo coa imaxe da entrada principal do castelo.
        Por suposto convidamos a todos os que se queiran achegar ata A Guarda eses días a que nos visiten.

Selo personalizado



Cuño conmemorativo, concedido por Correos

 

viernes, 30 de marzo de 2018

Comentar textoComentar texto

La Sociedad Filatélica e Numismática Guardesa.

La Sociedad Filatélica e Numismática Guardesa (S. F. e N. G.), a lo largo del año organiza y participa en diferentes eventos directamente vinculados al coleccionismo. Y uno de ellos lo podemos visitar en el salón principal del Recreo Artístico Guardés:
 La VIª Exposición y Feria del Coleccionismo.  Los días 29, 30 y 31 de marzo; y 1 de abril, de 10:00 a 13:00 horas y de 16:00 a 20:00 horas, podemos contemplar unas interesantes colecciones de sellos, monedas, calendarios de bolsillo, marcapáginas, tallas en madera, cajas de cerillas, posavasos, etiquetas de botellas de agua y de vino, abanicos,replicas de monumentos, etc,etc
 En esta VIª Exposición y Feria del Coleccionismo hay diversidad de materiales y variedad temática.
Agradecemos a todas las personas que han colaborado de una u otra forma a que un año mas la Exposición y Feria del Coleccionismo pueda abrir sus puertas al publico : Herminio Arocas Vázquez, etiquetas de vinos y monedas euro; Alfonso Dorado Senra, tarjetas postales; Jorge Martínez Baz, sobres azúcar, tallas de madera y tapas créemela café; María Teresa Castro Martínez, marcapáginas; José Ángel Gándara Rodríguez, posavasos, tebeos y Historia Postal de A Guarda; Antonio Martínez Martínez, pruebas de lujo de filatelia; Marta Verde Rodríguez, cajas de cerillas y etiquetas de aguas; Marina Rodríguez Alfonso, calendarios de bolsillo; Marcelino Portela Lorenzo, España Iº Centenario. Entretenimiento (Filatelia); Antonio Martínez Saracho, abanicos; Fátima Pérez Sobrino, vacas; y José Carlos Fratttini Amorín, monumentos. Recreo Artistico Guardes por cedernos sus instalaciones desinteresadamente y al resto de miembros de la Sociedad Filatelica y Numismatica Guardesa que han colaborado en el montaje de esta exposición.