Os meus comezos como coleccionista de selos
Desde que eu recordo sempre me gustaron o selos, pero aparte de pegalos en follas de libretas usadas, o único que facía era xuntar selos; antigamente era mais fácil que hoxe en día. Cando descubrín no fallado da casa dos meus avós unha maleta con todas as cartas que enviara meu tío Manuel durante os anos que estivo na guerra, empecei recortando os selos (daquela non sabía despegalos), aínda que eran poucas as que os tiñan, pois a maioría non levaban selos porque non lle facían falta, xa que tiñan franquía e eran papeis que o dobralos parecían cartas. Eu facía unha mestura, principalmente das cartas que mandaba meu pai cando emigrou a Francia e algunha carta que escribía meu tío que emigrara a Arxentina despois da guerra, de aqueles anos non conservo nada. E unha pena pero aquelas cartas, despois dunha das visitas dun dos meus primos de Arxentina e despois de que a mina nai llas ensinara, e eles levar algunhas cousas das que contiña aquela maleta que eran a testemuña da barbarie que pasou o noso país naqueles anos, e como para a familia da miña nai solo lle traía malos recordos, mandoume destruíla con todo o que tiña dentro, así que daquilo só me quedaron os selos, e moitos recordos das cousas que lin naqueles papeis vellos e cheos de po, pois eu pasaba moitas horas lendo aquelas cartas e deixando voar a miña imaxinación polos sitios que describía e a vida que levaban os soldados naqueles tempos de guerra nas trincheiras.
Foi pasando o tempo e esa afección a tiña esquecida, espertou de novo ala polo ano 1987 aproximadamente cando coñecín a D. Manuel Arias Cornejo, un home asturiano e residente na cidade de Vigo afeccionado a filatelia, que unha vez se xubilou, e para sacar algúns ingresos extra, dedicábase a venda de selos a maioría usados, e tamén de algúns artigos relacionados coa filatelia e a numismática; viña todos os sábados ao mercado de A Guarda e os domingos pola mañá montaba o seu posto na praza da Constitución de Vigo. Cando eu mirei os selos que tiña, algo esquecido espertouse en min e empecei a mercar algúns selos sen máis interese que o debuxo, pois chamábame a atención a cantidade e diversidade que tiñan. Con D. Manuel, pasado o tempo fun facendo amizade. E como miraba que eu me interesaba e compraba selos soltos (sen ton nin son) pois eu non tiña nin idea de como comezar a coleccionalos, díxome que si de verdade me interesaba polo coleccionismo de selos o mellor era que comprara un catálogo e vendeume un de selos de España.
A partires da compra dese catálogo abríuseme un mundo novo e descoñecido para min, souben que non solo era xuntar selos, si non que había series de distintos temas e anos, distintos deseños, distintos métodos de impresión tiradas, que se coleccionaban en álbums e se colocaban con charnelas, filestuches, etc. Engancheime e desde entón foi unha axuda, sempre que paso por algún problema, pois descubrín que esta afección me relaxa e axuda e fai que esqueza polo menos durante un tempo os malos ratos. E a partir de aí empecei a miña colección de selos de España, cunhas follas de Pardo que me trouxo D. Manuel nun dos seus viaxes a Madrid (pois parece ser tiña unha filla que vivía en dita cidade), que teño completa desde 1950 ata a actualidade. Pero algo me impulsaba a facer algo distinto pois a miña colección en si non era o que eu quería, porque neste tipo de coleccións, unha vez estás actualizado só te limitas a coller os selos de cada ano en curso, colocarlle os filoestuches e colocalos nun álbum, e empecei a interesarme polas historias que contaban os selos que eu coleccionaba. Así empecei a mina primeira colección temática, en realidade era un tema pois limitábame a coller un selo e escribir a historia completa do que representa, neste caso xa me interesaba polas igrexas. En resumen, a folla compúñase dun selo ou dun sobre de primeiro día e o resto da folla era texto sobre o tema; de dita colección aínda conservo algunhas follas como recordo.
O que podo dicir ata o día de hoxe e que grazas a filatelia nunca me sentín só nin aburrido, pois e unha afección na cal sempre estas póndote o día en contacto con outros coleccionistas o tempo pasa sen que un se decate, e tamén axuda non intres baixos pois e concentrarme na tarefa filatélica que estea facendo, esquézome de todos os problemas, é aí onde está a maior recompensa. Tamén grazas a participar coa miña colección de filatelia temática en distintas exposicións, fixen viaxes a sitios que nin coñecía, fun coñecendo e facendo amizades tanto en Galicia, España como en Portugal; neste mundo da filatelia, coñecín a xente que sen esta afección miña non tería coñecido, persoas que non teño palabras para definilas coas cales te une unha afección común e sen coñecerte de nada, te acollen coas mans abertas. Creo que con esta afección común a Filatelia a todos os sitios que se vaia, nunca te sentes só.
Por eses anos coñecín a Juan Álvarez Sobrino, presidente da Sociedade Filatélica Guardesa, mellor dito xa o coñecía da Confitería Estévez da cal era copropietario xunto con seu irmá Silverio. El ademais de rexentar o negocio da dulceria e ultramarinos, sempre tiña tempo para axudar a quen quería coleccionar selos (eran a súa vida); por certo, tiña no seu local un pequeno recuncho onde solo tiña selos, en concreto debaixo da rampa das escaleiras de subida ao piso de arriba. Como dicía, grazas a el souben que na Guarda había unha sociedade filatélica e que el era o Presidente. En realidade érao todo na Sociedade, facíao todo, ademais de presidente era secretario, tesoureiro, encargábase de que todos os socios tiveran os selos, en algúns casos colocáballos no álbum correspondente e tamén adiantaba os cartos para que os socios puideran ter os selos a fin de ano. En resumen, el pola Sociedade adiantaba o diñeiro do ano para moitos socios, que algunhas veces non correspondían como era debido, pois cando remataba o ano encontrábase con que algún deles non recollía os selos polo que Juan tódolos anos perdía moito diñeiro, sempre sen unha queixa. Como ía dicindo, gracias a Juan fíxenme socio, a data non a recordo, foi grazas a el como me fixen “chiflatelico” (que era como se definía el) completei moitas paxinas dos meus álbums cos selos que non lle recollían algúns socios, nin que dicir teño que sempre a valor facial, co que el perdía diñeiro; del solo teño bos recordos pois nunha palabra era un home bo, sempre disposto a axudar en todo.
Unha vez me fixen socio da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, fun coñecendo a case todos os membros da Sociedade. Collín o costume de ir todos os sábados polo local social que estaba e está onde hoxe en día, alí tiñamos moitas conversas tanto de filatelia como de outras cousas, foron moitas horas durante anos, de compartir a nosa afección pola filatelia, con el entaboei unha boa amizade que só rematou co seu falecemento. Tamén coñecín e entaboei amizade con Anastasio M. Fuentes que naquela era o vicepresidente, xunto con el fomos os dous moitas veces as convencións de filatelia e numismática que se facían varias veces ao ano nalgún hotel de Vigo, alí comprabamos selos, sobres e algunha moeda, naquela el coleccionaba Andorra. Tamén co tesoureiro, Ramón Fernández Cadilla, un home que coleccionaba moedas, selos, un pouco de todo. Eran os que normalmente estaban todos os sábados naquela época pola Sociedade. Se me esquecía que tamén entaboei amizade con Ignacio Álvarez, ao cal tamén o coñecía de antes, pois el nacera preto da casa dos meus pais aínda que vivía na Vila, pero non sabía que a súa afección eran as moedas; el foi quen me meteu o becho da numismática axudándome a comezar a miña colección e por si fora pouco, regaloume os primeiros sobres cos matáselos conmemorativos de A Guarda. Os sábados pasaban moitos socios para recoller os seus pedidos; alí coñecín a socios do Rosal: Manuel (O Obreiro), Alfonso, Florindo, Antón, Miguel, Antonio, Ángel..., a lista e moi longa, non sigo pois corro o risco de esquecerme de algúns. Nesa época coñecín tamén ao secretario José Ángel Gándara Rodríguez e demais socios e compañeiros da Sociedade, non os enumero aquí a todos pois faríame falta moito sitio.
Nestas datas e a partir de coñecer a Gándara (el xa tiña unha colección temática), e seguindo as súas indicacións empecei a montar a miña colección de temática sobre arquitectura relixiosa. Logo viría un curso sobre filatelia temática que el impartiu na Sociedade, e de aí saíu un grupo de coleccionistas e amigos que, no referente as nosas coleccións temáticas, sempre nos axudamos e apóiamos entre nos nas dúbidas que xorden cando se empeza e tamén despois ao montar cada un as súas coleccións temáticas cumprindo o regulamento de esa modalidade da filatelia .
Pasaron algúns anos e en 2003 na Asemblea Xeral celebrada o 1 de febreiro, fun elixido vicepresidente da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, cargo que desempeñei ata o sete de marzo de 2010, data en que por decisión do Presidente D. Juan Álvarez Sobrino de deixar o cargo por motivos de saúde, e en Asemblea Xeral presidida por el, fun elixido presidente da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, cargo que veño desempeñando dende entón.
Paralelamente a todo iso seguín incrementando a miñas coleccións; de España, de matásellos de A Guarda, O Rosal , Salvaterra e Tui, de Enteiros Postais ilustrados, de aerogramas ilustrados. De maximofilia e por suposto a de arquitectura relixiosa, que foi cambiando a o longo dos anos non só as pezas tamén o título, de ARTE Y ARQUITECTURA RELIGIOSA, logo ARQUITECTURA RELIGIOSA despois ESTILOS ARQUITECTÓNICOS DE EUROPA Y ÁREAS DE INFLUENCIA ata a actualidade que se titula DEL MONASTERIO RURAL A LA CATEDRAL URBANA. Cambieina tantas veces que xa lle perdín a conta, dende o ano 2000 ata o 2020 polo menos unha vez cada ano, aínda que houbo algún ano que a cambiei dúas o mais veces, e o mesmo tempo expoñendo, tanto en exposicións locais e comarcais, como a nivel Autonómico, Nacional e Internacional. Expuxen a miña colección de arquitectura relixiosa por primeira vez en Benavides de Órbigo FILATÉN 2006. (prata grande). Mariña Grande Portugal. EXGAPORTEM 2006 (vermeil). A Guarda EXFIGALICIA 2007. (vermeil). Boticas Portugal IBEREX 2007 (prata grande). Cangas (Pontevedra) EXFIGALICIA2008 (vermeil). Irún EXFILNA 2009 (vermeil). Belo Horizonte (Brasil) Minas 2010 (vermeil grande). Avilés FILATEM 2010 (prata grande). Valladolid EXFILNA 2011 (vermeil grande). Getcho 2012 XXIX EXPOSICIÓN FILATÉLICA ( ouro). León EXFILNA 2013 (vermeil grande). León 2014, Exposición Filatélica Tesoros de la Real Colegiata de San Isidoro “EL CALÍZ DE DOÑA URRACA” . A Guarda EXFIGALICIA 2014 (ouro). Ourense IBEREX 2014 (ouro). Palencia 2015, V CENTENARIO DE SANTA TERESA DE JESÚS. Avilés, EXFILNA 2015 (vermeil grande). Leiria, Portugal IBEREX 2015 (ouro). Ourense, EXFIGALICIA 2016 (ouro). Zaragoza, EXFILNA 2016 (vermeil grande). Logroño EXFILNU 2017 XX Aniversario de la declaración de los Monasterios de san Millán de la Cogolla como Patrimonio de la Humanidad (diploma). Vigo. XIX IBEREX 2018 (ouro). Alcala de Henares 2018 (Madrid) XX ANIVERSARIO DE ALCALA DE HENARES CIUDAD PATRIMONIO DE LA HUMANIDAD 1998-2018 (diploma). Gijón, Asturias XXVII Jornadas Filatélias Asturianas 2019 Cultura Sidrera Asturiana . Santander EXFILNA 2019 (vermeil grande).
Luciano Lomba Vicente –2020