martes, 17 de marzo de 2020

EXFILNA 2020

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FILATÉLIA

Este ano a  EXFILNA vaise a celebrar en Cáceres do 28 de outubro ao 1 de novembro do 2020.

Este ano María Elisa Abad foi nomeada Comisaria para Galicia e Castilla y León.

No caso de que desexes expoñer, tes que mandar a folla de inscrición antes do 30 de marzo de 2020.

Mais datos na web de FESOFI: http://www.fesofi.es/exfilna-2020/

Por se fora de interés o Reglamento e a Folla de inscripción, na seguinte dirección:

http://www.fesofi.es/exfilna-2020/

O correo de María Elisa Abad e o seguinte:
marilaabad@gmail.com




domingo, 1 de marzo de 2020

Asamblea Xeral Ordinaria de FEGASOFI

Asamblea Xeral Ordinaria da Federación Galega de Sociedes Filatélicas

  Este pasado sábado día 9 de febreiro, estiveron en Ourense Marta Verde, José Ángel Gándara e Luciano Lomba, no Recinto Ferial Expourense donde se celebrou a Asamblea anual da Federación Galega de Sociedades Filatélicas.
  Marta Verde e José Ángel Gándara, como membros da Xunta Directiva de FEGASOFI. e Luciano Lomba representando a Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa.
  Como todos os anos, acudiron á comvocatoria membros das distintas sociedades galegas.
  Ao Finalizar o acto asistimos xunto cos outros asistentes a Asamblea Xeral a un xantar de comfraternidade.
  E despois estivemos acompañando aos membros da Sociedade Filatélica N y V Miño, que con motivo do campionato de España de atletismo que se celebra en Ourense, en concreto nas instalacións de Expourense, montaron unha pequena exposición sobre o tema de atletismo, e o memo tempo puxeron en circulación unhas tarxetas prefranqueadas e un cuño conmemorativo do campionato de España de Atletismo. 
  Aproveitando a ocasión pois por motivos laborais non poido antes,  José Ángel Gándara estivo dedicando o libro da súa autoría,  Colón Rumbo a las Yndias, a algúns compañeiros filatélicos.