EXPOSICIÓN FILATÉLICA EXFIMIÑO 2018
Onte día 11 de outubro tivo lugar a
inauguración da exposición filatélica
EXFIMIÑO 2018 na súa XXII edición, o acto tivo lugar as 20:30 horas na Casa dos
Alonsos.
Estiveron presentes: a Deputada Provincial
Dnª. Montserrat Magallanes, a Concelleira de Cultura do Concello de A Guarda Dnª.
Elena Baz, o Presidente de FEGASOFI D.
Valentín Suárez Alonso, o historiador guardés D. Joaquín Miguel Villa Álvarez,
o xefe da oficina de correos de A Guarda D.José Luís Franco e o presidente da
Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa D. Luciano Lomba Vicente. Así mesmo
asistiron ao acto da inauguración tódolos membros da xunta directiva e algúns
socios da S.F e N.G, representantes dos distintos grupos políticos, representantes
de outras asociacións filatélicas galegas e de asociacións culturais, tamén
público en xeral.
No
acto da inauguración, fixo a presentación o presidente da S.F e N.G, a
continuación o historiador D. Joaquín M.
Villla falou non solo do 350 aniversario da retirada da presenza militar
portuguesa de esta localidade senón tamén do castelo de Sta. Cruz, a
continuación dirixiuse ao público
presente o presidente da Federación Galega de Sociedades Filatélica D. Valentín
Suárez, logo tomou a palabra a Concelleira
de Cultura do Concello de A Guarda Dnª. Elena Baz que leu unha carta en nome do
alcalde que non poido estar presente, e de seguido a Deputada Provincial Dnª.
Montserrat Magallanes cerrou o acto cunhas palabras. Púxose en circulación un
selo personalizado con motivo alusivo ao castelo de Sta. Cruz, así como dun
matásellos conmemorativo neste caso unha imaxe da porta principal do castelo.
Unha vez acabado o acto da inauguración o numeroso público asistente
admirou as distintas coleccións expostas na Mostra.
O presidente D. Luciano Lomba facendo a presentación |
D. Joaquín Miguel Villa no momento da súa intervención |
De esquerda a dereita D. Valentín Suárez, Dna. Montserrat Magallanes, Dna. Elena Baz. D Luciano Lomba, e D. José Luís Franco poñendo en circulación o selo e o mataselos |