miércoles, 11 de agosto de 2010

Boletín Exfimiño nº 29

Boletín Informativo da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa
Número 29 septembro-decembro 2009



D.Vicente de Vicente Vicente (1864-1917) foi un dos fundadores da Sociedade Pro-Monte
Vicente de Vicente Vicente, öleo cedidido por Carmiña Vicente
Santa Tecla e o seu primeiro vicepresidente, responsabilidade que exerceu entre 1913 e 1916, despois de ser vocal no primeiro ano. Dende ese posto actuou moitas veces como presidente en funcións dada as prolongadas ausencias de titular, Manuel Lomba Peña. De feito moitas reunións da xunta directiva celebráronse no seu propio domicilio. Non faltou a unha soa desas reunións e unicamente a enfermidade que padecía logrou apartalo, no verán de 1916, do exercicio do seu cargo. Faleceu medio ano máis tarde, o sábado 3 de febreiro de 1917, e no informe anual dese ano os seus compañeiros dicían del que, a pesar do seu delicado estado de saúde, foi sempre un entusiasta propagandista de Pro-Monte traballando canto podía, e con decidido interese, pola Sociedade. «A súa memoria seranos sempre grata, e digna de imitar a súa conduta». O seu posto de vicepresidente pasou entón a ser ocupado por Constante Candeira González.                                         

No ano 1913 realizou á Sociedad Pro-Monte unha doazón de verdadeira importancia, 500 pesetas, cantidade que supoñía o 38 por 100 do recadado en todo o municipio da Guarda. Por este xesto foi proclamado socio predilecto, en unión de Juan A. Vila e José Manuel Andreini Verde. Os seus nomes e doazóns pasaron a figurar no cadro de honra da Sociedade, e realizóuselle un retrato a tamaño natural. Eses cadros foron colocados en 1915 no comedor da «casa dos cregos», rehabilitado ese mesmo ano.
A historia persoal de Vicente de Vicente está intimamente ligada a Puerto Rico, a onde emigrou moi novo para dedicarse ao comercio. Grande parte da súa actividade mercantil desempeñouna na casa de comercio Vicente y Co. (1885-1896) que o seu irmán Severo Vicente Vicente –un brillante home de negocios– tiña naquela Antilla. En 1889 retírase Severo entrando Vicente como socio xestor. Así estivo ata o ano 1896 en que el tamén deixa o negocio en activo converténdose en socio capitalista. A razón social pasou entón a denominarse Sucesores de Vicente y Co. (1896-1900), momento no que con toda probabilidade se retirou a España. Tras o seu regreso entrou a formar parte da sociedade que o seu irmán Severo fundara en Vigo tras retirarse, co mesmo nome de Vicente y Co. e os mesmos negocios. Pero a diferencia de Severo, que residía en Vigo, Vicente de Vicente retirouse a vivir á vila da Guarda, levantando na rúa Ezequiel Ordóñez –actual Rúa Galicia– unha magnífica casa indiana cunha galería lateral que facía esquina. Vicente de Vicente tamén participou no asociacionismo de Puerto Rico pois nos consta que na xunta directiva da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de San Juan do ano 1894 figuraba como vocal. Pero a súa gran contribución realizaraa na Guarda, como un dos artífices da asociación Pro-Monte Santa Tecla.


Texto de Joaquín Miguel Villa Álvarez


Tres coleccións da Guarda premiado na Exposición Filatélica Nacional, Campionato de España, EXFILNA 09 celebrado en Irún

J.A.Gándara, Luciano Lomba e Jorge Martínez, con as súa medallas e diplomas

   Do 6 ao 12 de outubro celebrouse a Exposición Filatélica Nacional, Campionato de España, en Irún (Guipúscoa), á que concurriron, aproximadamente, 170 coleccións de toda España, de elas 18 de Galicia e tres representando á Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa. Nos máis de 40 anos de existencia desta Sociedade foi a primeira vez que participaron tres coleccións desta localidade nun campionato nacional, o que motivou que o colectivo guardés recibise as felicitacións dá organización, Federación Española e moitos afeccionados a filatelia, pois non é doado que nunha localidade tan pequena leve tal representación.

   O éxito foi maior o domingo pola noite na cea de palmarés, xa que as coleccións da Guarda, “Colón Rumbo a las Indias ”, de José A. Gándara, conseguía unha nova medalla de Ouro con 87 puntos; a colección “Del Monasteiro rural a la Catedral urbana”, de Luciano Lomba Vicente, lograba por primeira vez a medalla de Vermeil con 75 puntos, o que vén a confirmar a súa evolución, e por último a colección de Jorge Martínez Baz, con “Ese desconocido principio”, que participaba por primeira vez nun certame nacional, acadaba medalla de Prata Grande con 73 puntos, converténdose na mellor colección debutante nesta edición.
A Xunta Directiva da Sociedade Filatélica Guardesa felicitou os participantes sentíndose moi satisfeita polo traballo que vén realizando e esperando que en próximas ocasións sexan máis os socios que poidan concorrer a unha exposición nacional..


O pasado venres, 30 de outubro, inaugurouse no Recreo Artístico Guardés a Exposición Filatélica Exfimiño 2009, organizada pola Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, dedicada nesta ocasión a Vicente de Vicente Vicente, cofundador da Sociedade Pro-Monte Santa Tecla da que foi vicepresidente entre 1913 e 1916.
Un momento da inauguración da exposición filatélica

No acto de inauguración estaban presentes entre outras autoridades o Sr. Alcalde da Guarda, José M. Domínguez Freitas, o Subdirector do Instituto Postal da República Dominicana (IMPOSDON), D. Eduardo Fernández, Director da zona 1 de Correos, D. Celso Gomez Otero, Presidente de Fegasofi, D. Valentín Suárez Alonso, Presidente de Ufinor, D. Paulo Sa Machado, Presidente da Sociedade Filatélica e N. Guardesa, D. Juan Álvarez Sobrino, entre outros.
Destacar as palabras do Sr. Alcalde da Guarda que se referiu á Sociedade Filatélica Guardesa coma unha referencia non só a nivel provincial, se non tamén galego e incluso nacional e ás persoas que a compón que teñen acadado moitísimos e recoñecidos premios. Para a Vila da Guarda de dez mil habitantes que faia unha Sociedade con esta puxanza, é de destacar, pero tamén de darlle ánimos para que sigan facéndoo como ata agora.
A seguir o Secretario da Sociedade Filatelica Guardesa deu lectura da acta da última Asemblea Xeral Extraordinaria onde se aprobou por unanimidade o nomeamento de Socios Honorarios aos Sres. D. Joaquín Miguel Villa Álvarez e D. Ángel Pérez Álvarez pola súa estimada colaboración e traballo desinteresado en favor desta Sociedade, o Vicepresidente da S.F.N.G., D. Luciano Lomba Vicente, en lugar do Presidente D. Juan Álvarez Sobrino, ao estar indisposto por problemas de saúde, fíxolles entrega da insignia e un diploma acreditativo.
. Tamén a través do Sr. Alcalde da Guarda fíxoselle entrega a D. Eduardo Rodríguez Subdirector de IMPOSDON dun diploma de agradecemento por honrarnos coa súa presencia neste acto.
Esta edición de EXFIMIÑO serviu, a petición do condecorado, para facer entrega da Medalla, Insignia de Ouro e Diploma ao Mérito Filatélico de Fegasofi 2009 a D. José Manuel González Troncoso, Presidente do Grupo Filatélico de Tui, Vicepresidente de Fegasofi, destacado coleccionista e Xurado rexional.
Un momento da entrega da medalla a D. J. Manuel González Troncoso


  O Secretario Xeral de Fegasofi leu a Acta da Asemblea Xeral Extraordinaria do 28 de febreiro de 2009 celebrada en Vigo onde foi aprobada por unanimidade.
Sobres e matasellos do primeiro día de circulación de Santo Domingo e A Guarda

O pasado 30 de outubro celebráronse, no Centro Cultural da Guarda, os actos de posta en circulación da emisión de selos emitidos pola República Dominicana nos que se reproducen a Praza Galicia, en Santo Domingo, e a Praza Santo Domingo de Guzmán, na Guarda.   Interviñeron no acto de posta en circulación do selo en A Guarda D. Manuel Lorenzo Costa, quen recordou o hermanamento entre a ciudad primada de Santo Domingo e a Vila de A Guarda no ano 2005 e fixo un repaso do acontecemento mencionando os actos habidos a un e outro lado do Atlantico, o director da zona 1 de correos de Galicia D. Celso Gómez Otero, o director do Instituto Postal Dominicano (IMPOSDOM) licenciado Eduardo Fernández e cerrou o acto de presentación o Alcalde de A Guarda D. José Manuel Domínguez Freitas quen referíndose o hermanamento da ciudad de Santo Domingo de Guzmán e a vila de A Guarda, e a labor de colaboración en común dos traballos realizados por ambos lados.
Sobre e matasellos ca figura do homenaxeado D. Vicente de Vicente


A seguir inaugurouse a estafeta temporal de Correos cun novo mataselos especial conmemorativo homenaxeando á figura de D. Vicente de Vicente. A continuación pásase ao salón de exposicións coas autoridades facendo un percorrido polas destacadas coleccións expostas, un total de 20 e a exposición de traballos manuais, pintura, maquetas, escultura, tallas e fotografías.


Nos pasados días do mes de novembro celebrouse, en Angra Do Heroísmo capital da Illa Terceira do archipielago das Azores no Centro Cultural e de Congresos, a 1ª Mostra Filatélica “PEROLAS DO ATLÁNTICO, no Centro Cultural e de Congresos.

E na cal participaron na clase de competición, Temática, un cuadro dúas destacadas filatelistas da nosa Sociedade, Cristina Domínguez Rotea, que acadou a medalla de Prata Grande e Marta Verde Rodríguez, que acadou a medalla de Prata
As dúas galardoadas nunha exposición anterior


A exposición cerou as súas portas ao publico o domingo día 1 de novembro cun importante éxito de público e co ánimo moi alto por parte da

martes, 10 de agosto de 2010

Boletín Exfimiño nº 28

Boletín Informativo da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa
Número 28 maio-agosto 2009
cordinador Luciano Lomba


PRÓXIMAS EXPOSICIÓNS


Un ano mais e seguindo coa idea de homenaxear aos fundadores da Sociedade Pro-Monte este ano, dos días 30 outubro ao 3 de novembro, celebrarase a exposición EXFIMIÑO 09 nos salóns do Recreo Artístico Guardés, que xentilmente puxo a nosa disposición a súa directiva.
Nesta ocasión o homenaxeado é o vocal da primeira xunta directiva da Sociedade Pro-Monte, D. Vicente de Vicente Vicente
------------ ---------- ------------
A nosa Sociedade estará representada na cidade de Irún na Exposición Nacional (EXFILNA 2009), os días 6 ao 12 de outubro. Coas colección de tres dos nosos socios: Colón rumbo a las Indias, de José Ángel Gándara. Ese desconocido principio, de Jorge Martínez Baz. Del monasterio rural a la catedral urbana, de Luciano Lomba Vicente.


VERMEIL GRANDE PARA J. ÁNGEL GÁNDARA.
En Luoyang (China) celebrouse o pasado mes de abril, dos días 10 ao 16 a EXPOSICIÓN MUNDIAL DE FILATÉLIA 2009, na cal estivo presente e competindo a colección “COLON RUMBO A LAS INDIAS” propiedade de socio e secretario da SOCIEDAD FILATÉLICA E NUMISMÁTICA GUARDESA, conseguindo a medalla de VERMEIL GRANDE con 87 puntos, máxima puntuación conseguida por esta colección ata a data de hoxe.

.
.
Hai que remontarse ao ano 1987, cando J.A. Gándara iniciou a súa colección temática sobre Colón , elixiu este personaxe por que o cautivou desde sempre, o misterio que o envolvía e a súa enigmática procedencia. Agora mesmo segue con entusiasmo canto se escribe e se publica sobre Colón, as suas posibles orixes , as coincidencias con Pedro Madruga, para el Cristobal Colón e tamén Pedro Álvarez de Sotomayor. Ou sexa el segue a teoría do Colón Galego da cal esta convencido.

José Angel Gándara coa súa medalla e titulo
 
Nesstes intres a colección temática de José Ángel Gándara esta considerada como unha das mais importantes a nivel mundial, dito con palabras do propio coleccionista “ e unha colección que madurou; e unha colección feita”, que nos últimos anos foi mellorando en calidade, presentación e investigación. Agora o que tería que mellorarse e o material filatélico, pero aquí encontra unha dificultade, conseguir aquelas pezas mais raras, significa un custo moi alto que el non pode asumir.

A parte da súa colección sobre Colón tamén ten empezado outras temáticas, como a Historia Postal de A Guarda, aínda que segundo el afirma, hai muy pouca cousa, a pesares de que esta localidade foi moi rica en historia postal.
Colón rumbo a las indias, xa foi solicitada para acudir ao campionato mundial de Portugal, e tamén lle foi reclamada desde Bélxica. Pero el plantexase darlle un descanso o ano que ven, e no que queda deste ano enviala en outubro a Irún ao campionato de España.

X aniversario da creación do Euro
Ao cumprirse o X Aniversario da creación do euro ponse en circulación unha folla-bloque que reproduce, sobre fondo azulado, detalles dos billetes en curso e da moeda emitida para conmemorar o aniversario.
O 1 de xaneiro de 1999 nacía en Europa a nova moeda do euro, se ben houbo que esperar tres anos máis, ata 2002, para que se fixera efectiva no mercado. O euro supuxo un paso decisivo para a integración europea ao se converter na moeda única da chamada zona euro. Na actualidade é compartida por 16 Estados da Unión Europea (UE) e por máis de 325 millóns de cidadáns.
------------------ ----------------- --------------
Fe de errores: Na portada do boletín nº 27, pon data de febreiro-marzo 2008, e debería por xaneiro-abril 2009

Por Manuel Martinez.
O COLECCIONÍSMO
Coleccionar e o modo de xuntar ou ordenar obxectos de todo tipo, non que chamen só a atención senón, que cada un dos obxectos que poñamos con orden teñan un significado a súa presentación.
Un dos primeiros, digamos temas e mais antigos do coleccionísmo. A numismática, a notofilia, a filatelia e outros temas. De pequenos na escola cambiabamos os selos das cartas e anotando as moedas, xa de maiores escolliamos un dos temas do noso gusto.

LOTERÍA NACIONAL


É un dos temas que tamén se coleccionan hoxe en día en distintas modalidades: polo sorteo, non correlativos, terminados en cero, capicúas, millares, isto e o mais corrente aínda que hai quen fai outros temas.
A LOTERÍA NACIONAL, unha breve historia en España a pesar de que se coñecía a existencia da lotería noutros países de

A introdución do euro nos distintos Estados foi paulatina, así, Bélxica, Alemaña, Irlanda, España, Francia, Italia, Luxemburgo, Países Baixos, Austria, Portugal e Finlandia fixérono en 1999; Grecia en 2001; Eslovenia en 2007; Chipre e Malta en 2008 e Eslovaquia en 2009.
O símbolo do euro, €, inspírase na letra grega épsilon e fai referencia ás primeiras letras do vocábulo Europa, cruzada con dúas liñas en paralelo como símbolo da estabilidade económica. Todos os países da zona euro utilizan os mesmos deseños nos seus billetes, os que foron seleccionados no concurso convocado polo Instituto Monetario Europeo (IME) en 1996 e no que resultou gañador o proxecto presentado polo austríaco Robert Kalina. Nos billetes represéntanse estilos arquitectónicos que abarcan desde a época clásica ata a arquitectura moderna do século XX. No anverso aparecen portas e fiestras que simbolizan a apertura e o espírito de cooperación da UE e no reverso, pontes europeas que encarnan a comunicación entre os pobos.
Ambas as caras se complementan coas doce estrelas características da Unión. Cada billete conta con máis de 30 elementos de seguridade, entre os que se poden distinguir: a textura, por estar impresos nun papel especial confeccionado con fibras de algodón; a marca de auga, que vista a contraluz mostra un debuxo sombreado na parte non impresa e a banda holográfica brillante ou o holograma, para os billetes de máis valor.
As moedas presentan unha cara común para todos os países, elixida pola Comisión Europea e unha cara nacional de libre deseño, máis as doce estrelas. En España, o euro substituíu á histórica peseta, establecéndose unha paridade equivalente dun euro a 166,386 pesetas

LOTERÍA NACIONAL
Os primeiros sorteos celebraronse en Venecia, Génova, e Florencia, ala polos anos 1522, 1530, e 1650. En Francia 1539, en Alemania 1470.
Das boas relacións de España con Italia chegou José Pesamini de Nápoles, chamado polo ministro de facenda de Carlos III Marqués de Esquilache, e o 18 de xaneiro de 1763 celebrouse o primeiro sorteo en España e despois pasouse a idea as provincias de América, Cuba, Mexico e Puerto Rico, e tamén as Filipinas. A lotería durante estes anos tivo as súas visicitudes para efectuar os sorteos.



De 1936 a 1939 houbo sorteos alternos, Madrid, Barcelona e Valencia. De 1936 ao 39 en Burgos do goberno de Franco en 1940 pasou a Madrid xa un só sorteo. Do 1937 ao 38 houbo sorteos chamados benéficos ou patrióticos ordenados habitualmente polas capitanías a beneficio do exército ou outras institucións, das provincias as máis correntes foron A Coruña, Murcia, Valencia, Granada e Zaragoza.



A NOTOFILIA

Os billetes outro tema de coleccionísmo, cada un colecciona de varios modos ou gustos, un de cada pola cara e o revés, con serie “A” ou sen serie, fallos de impresión , falsos.... Os billetes datan de Carlos III, banco nacional San Carlos, a primeira emisión data de primeiros de marzo de 1783, douscentos reais vellón. Todos de diferente ton de coor.

José I Bonaparte emitiu o primeiro billete de cen pesetas o 21 de febreiro de 1813, asignado imperial en vigor no principado de Cataluña.

O 19 de Xullo de 1830 no reinado de Fernando VII, o banco español San Fernando emitiu unha emisión de billetes de 500, 1000 e 4000 reais de vellón, todos de cor negro.

Isabel II co banco San Fernando emitiu o primeiro de xaneiro de 1835, billetes de 1000 e 4000 reais de vellón e desde 1845 a 1868 co banco de Barcelona en pesos fortes os valores de 5-10-25-100 e 200 e valores de 100-200-5000-1000-2000 e 4000, cos bancos de varias provincias.

O primeiro de xullo de 1889, Alfonso XIII. emitiu o billete de 25 pts e nas mesmas datas o billete de 50 e o de 100 pts. e en 1906 e 1907 emitiu os mesmos faciais de 25-50 e 100 pts. e no ano de 1907 un billete de 500 pts.

Os mesmos faciais de 25-50-100 e 1000 pts. circularon co reselo da 2ª República e circularon ata a entrada en circulación dos emitidos pola República o 25 de abril de 1931 de valores de 25-50-100 e 1000 pts. algunhas emisións non circularon, 25 pts 31 de agosto de 1936, 5 e 10 pts certificado de preta de 1935 e 1000 pts o 11 de xullo de 1938 .

A NOTOFILIA


Dos anos 1936 ao 38, os bancos das provincias de Cataluña, Aragón, Santander, Bibao, Asturias, e León emitiron diferentes billetes nos que garantían o seu valor.

Estado Español, banco de España Burgos, circularon os billetes de Alfonso XIII con reselo éo 12 de outubro de 1937, emitiu a primeira peseta e varias ata 1938. Nese período tamén se emitiron os valores de 2-25-50-100-500 e 1000. En 1940, primeiros de xunio, emitiuse en Madrid a primeira peseta, e en setembro desa mesma data foron emitindo tódolos anos sucesivamente valores de 25-50—100-500-1000-2000-200- 5000-e 10000todos eles variaron as suas emisións de distintos personaxes o mesmo coas emisións do rei Juan Carlos ata as últimas do ano 2000, dende esa data os billetes e moedas con motivos da Unión Europea.


REL CUPÓN PROCIEGO Y LA ONCE

En Cataluña, xuño de 1934, baixo as autoridades municipais uníronse as federacións cupo de CESC, nese mesmo ano, outubro converteuse en sindicats para toda a rexión catalana.
Terminada a Guerra Civil en 1939, foi integrada a delegación de Barcelona ou ONCE por un decreto de 13 de decembro de 1939, festividade de Sta. Lucía. A instancia do xeneral Franco creouse a organización de cegos adscrita ao ministerio da gobernación de obras benéficas e sociais. Que nesas datas fíxose famoso o cántico dos vendedores, (traigo los iguales para hoy los de la suerte ).
Dende esas datas ata hoxe tuvo as súas modificacións de tamaño, prezo e deseño de todo tipo. De 1939 ata 1983, en que o deseño era igual éo prezo o sorteo era por rexións ou aínda por provincias divididas, que en Galicia era Coruña e Lugo, Pontevedra e Ourense. De Pontevedra pasou a sortearse en Vigo, onde aínda hoxe está a delegación. Dnde 1984 o deseño e o sorteo son iguais para toda a península e illas, un solo numero e serie


Por Juan Álvarez Sobrino .
MI JUEGO FAVORITO
Yo padecí una enfermedad de la que tuve que guardar cama, durante unos años. Cuando apenas tenía 12 años, estando en el lecho recibía visitas de amigos, uno de estos, al llegar junto a mi me dice, Nito(así me llamaban familiarmente) en la escuela me dieron estos sellos, y me enseña unos diez o doce ; según los iba viendo, le digo, lo tengo, lo tengo, así todos; pero a los pocos días me vuelve con otros pocos como la otra vez, los veo, y, lo tengo, lo tengo…. Al ver un sello, que para mi era el mejor que tenía, a pesar de estar roto, ¡el corazón me palpitaba fuertemente, llamé a mi hermano pequeño, tráeme los sellos míos! Al momento el amigo desapareció, como me temía mis hojas no tenían estos sellos.
Un hermano mayor, me devolvió los sellos y todo quedó en una chiquillada, pero me lleve….un buen susto.
¡¡¡YA ENTRABA EN MI EL GUSANILLO FILATÉLICO!!!


No pasado mes de Xullo celebrouse na praza do Calvario no Concello de O Rosal a XVII Feira do Rosal, e como ven sendo habitual celebrouse a XVI Exposición Filatélica a cal foi inaugurada no salon de plenos do concello de O Rosal polas autoridades rexionais e municipais que estiveron presentes no acto.
A exposición estivo aberta desde o día 17 ao 19 e houbo un matáselos conmemorativo que puido adquirirse na mesma mostra .
Participaron expositores de Ourense, Tui, O Rosal e de A Guarda

 Concelleiro do medio rural, alcalde de O Rosal, presidente 
da deputación de Pontevedra, Presidente de FEGASOFI e
outras autoridades co presidente do grupo filatelico VAL DO ROSAL

Novo éxito dos filatelistas guardeses


Do 30 de xullo ao 7 de agosto celebrouse en Belo Horizonte ( Brasil) a exposición nacional de filatelia, organizado pola Federación dos Filatelistas do Brasil, nesta ocasión ademáis participaban coleccións de Estados Unidos, Colombia, Paraguai, Uruguai, Portugal e Galicia, debido ao protocolo de colaboración que teñen asinadas as Federacións de Galicia e Norte de Portugal. En total 95 coleccións representando aos 7 países participantes, por Galicia, 6 coleccións, dúas da Coruña, dúas de Ourense e dúas de Pontevedra, en concreto os dous membros da Sociedade Filatélica Guardesa, Luciano Lomba Vicente con “Estilos Arquitectónicos relixiosos en Europa e Áreas da súa Influencia" e Jorge Martínez Baz con “Ese descoñecido principio”. O Fallo do Xurado fixose publico na cea de palmares do sábado outorgandolle a 85 puntos - Medalla de Vermeil Grande e 81 puntos Medalla de Vermeil, respectivamente, é a maior puntuación recibida por estas dúas coleccións ata agora, ademais tendo en conta que eran as súas estreas nunha exposición internacional.

viernes, 6 de agosto de 2010

Boletín Exfimiño nº 27

Boletín Informativo da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa

Número 27                                                          febreiro-marzo  2008

Coordinador Luciano Lomba
         
Dende o seu comezo, o noso Boletín no ano dous mil  ata o dous mil oito, foron feitos 3770 exemplares, co seguinte reparto por ano.

2000 -> 4 números a  130  520 exemplares
2001 -> 4 números a  130  520 exemplares
2002 -> 3 números a  130  390 exemplares
3003 -> 3 números a  130  390 exemplares
2004 -> 3 números a  130  390 exemplares
2005 -> 3 números a  130  390 exemplares
2006 -> 3 números a  130  390 exemplares
2007 -> 3 números a  130  390 exemplares
2008 -> 3 números a  130  390 exemplares


Para o ano que estamos 2009, pensamos emitir tres números con tirada de 125 unidades .

De novo pedimos a túa  colaboración:
Artigos...   Suxerencias... Crítica... Falarnos da  súa colección...  Selos...  Moedas...   Bitolas...  Almanaques...  Carteis.... Fotos... ETC..

XUNTA DIRECTIVA
PRESIDENTE
D. Juan Álvarez Sobrino
VICEPRESIDENTE
D. Luciano Lomba Vicente
SECRETARIO
D. José A. Gándara Rodríguez
ADMINISTADOR
D. Rafael Alonso Gómez
VICESECRETARIO
D. Jorge Martínez Baz
VICETESORERA
Dña. Marta Verde Rodríguez
VOCALES
D. Antonio Ferreira Lorenzo
Dña. Almudena Taboada Lago
Dña. Cristina Domínguez Rotea
D. Ignacio Rodríguez Álvarez
D. Ramón González González



ACTA DA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA SOCIEDADE FILATELICA E NUMISMATICA GUARDESA, CELEBRADA NO LOCAL SOCIAL, SITO NA RÚA RAMON SOBRINO 7, O DÍA 15 DE FEBREIRO DE 2009.

A Guarda, a día 15 de febreiro de dous mil nove, sendo as once horas e trinta minutos, en segunda convocatoria, reúnese no local social a ASEMBLEA XERAL ORDINARIA da Socieda-de Filatélica e Numismá-tica Guardesa.
         En ausencia do Presidente, D. Juan Álva rez Sobrino preside a Asemblea o Vicepre-sidente D. Luciano Lomba Vicente que antes de comezar ten unhas palabras de recordo por D. Manuel Fuentes que D.E.P. e gárdase un minuto de silencio na súa memoria. A seguir dá paso a tratar os seguintes puntos da:

ORDE DO DÍA:

. 1º- Lectura e aprobación, se procede, da Acta da Asemblea Xeral Ordinaria celebrada o día 7 de marzo de 2008.

 Lese,  e apróbase por unanimidade

 2º Informe de actividades realizadas durante o ano 2008 e actividades a realizar no ano 2009, e aprobación, se procede.
O Secretario fai un repaso das actividades realizadas durante o ano 2008:  
           Actualización dos catálogos Ivert, se realizou no mes de outubro a exposición Exfimiño no Centro Cultural con todas as coleccións de expositores da nosa Sociedade, aos cales se lles entregou unha insignia de prata, como lembranza. Emitiuse un novo selo, nesta ocasión, un Torques que se atopa no Museo Santa Tecla e un cuño coa imaxe do personaxe homenaxeado, D. Pacifico Rodríguez.
Seguiuse editando o boletín Exfimiño, a realización dun novo curso de temática e séguese co abono de selos e moedas de España.
Participaron na Exfigalicia, de Cangas os expositores Luciano Lomba e Jorge Martínez na Clase Competición e José A. Gándara como convidado.
             Para o presente ano esta previsto realizar a exposición Exfimiño do 9 ao 12 de outubro nos salóns do Recreo Artístico Guardés, ademais de expoñer as coleccións de filatelia, temos a idea de abrilo a todo tipo de colecciónismo, pintura e fotografía.             Seguirase coa edición do boletín Exfimiño, renovación de catálogos, seguimento e asesoramento das coleccións e cos abonos habituais.
             O informe é aprobado por unanimidade.

3º Informe do Sr. Administrador, e a súa aprobación, se procede;
              Ante a ausencia do Sr. Administrador, este déixoulle o resumo das contas do ano 2008 ao Secretario, que dá lectura:
Saldo favorable a 7/1/2008- 3.492,39 €.
Saldo favorable a 31/12/08- 4.256,43 €
A 28 de xaneiro de 2009 se nos abonou a subvención, de 2008, do Concello da Guarda por importe de 600,00 €. E pagáronse xa varias emisións do ano 2009. Queda por pasar os recibos dos socios correspondentes ao ano 2009. Saldo favorable a 28/1/09 – 3.408,75 €.
            O informe é aprobado por unanimidade.

4º Actualizar cota de socio anual, e a súa aprobación, se procede.
          O Vicepresidente, D. Luciano Lomba, propón, tal e como se acordou en reunión de Xunta Directiva pasar a cota de socio 1 € ao mes, 12 € ao ano. O Sr. Gándara propón actualizar, catálogos de selos, moedas e ampliar a biblioteca e para fomentar que os expositores participen en exposicións competitivas rexionais, a cota de inscrición sexa asumida pola sociedade. D. Manuel Martínez propón comprar metacrilatos para os cadros expositores para substituílos polos que están en mal estado. Apróbase por unanimidade a suba de cota e a xunta directiva fará todo o posible para realizar todas as propostas.

5º Rogos e Preguntas.

Dona Cristina Domínguez propón solicitar a medalla de Ouro ao Mérito Filatélico de Fegasofi para D. Juan Álvarez Sobrino, pola súa ampla labor e curriculun filatélico.

Apróbase por unanimidade.


Sen máis asuntos que tratar, sendo as 12,30 horas, dáse por terminada esta Asemblea Xeral Ordinaria, da que eu, como secretario, dou fe, dando paso á Asemblea Xeral Extraordinaria.


Vº Bº del Vicepresidente                                El Secretario



D. Luciano Lomba Vicente.                    José A. Gándara Rodriguez


    BORRADOR DO ACTA DA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DA SOCIEDADE FILATELICA E NUMISMATICA GUARDESA, CELEBRADA NO LOCAL SOCIAL, SITO NA RÚA RAMON SOBRINO 7, O DÍA 15 DE FEBREIRO DE 2009.
Na Guarda, a día 15 de febreiro de 2009, pasados uns minutos do termo da Asemblea Xeral Ordinaria, dá comezo a Asemblea Xeral Extraordinaria da Sociedade Filatélica e N. Guardesa, no local social, coa asistencia das mesmas persoas, co seguinte:

ORDE DO DÍA
1º Aprobación, se procede, do Acta da Xunta Xeral Extraordinaria celebrada o día 31 de agosto de 2007.

. Lese o Acta que é aprobada por unanimidade

2º Nomeamento de socios de Mérito a D. Joaquín Miguel Villa Álvarez e D. Ángel Pérez Álvarez, e aprobación, se procede.

O Sr. Gándara, como Secretario, aclara que nos actuais estatutos non aparece esta figura, denomínase Socios Honorarios. Lese os méritos, coñecidos por todos, veñen colaborando ano tras ano de forma totalmente desinteresada con esta Sociedade.
Apróbase por unanimidade e o Secretario llo comunicará o antes posible por correspondencia.

Ás 12 horas e 40 minutos, o Sr. Vicepresidente dá por finalizada a Asemblea Xeral Extraordinaria, da que eu, como Secretario, dou fe.

Vº Bº do Vicepresidente                                    El Secretario

D. Luciano Lomba Vicente.          José A. Gándara Rodríguez  

-----
2009- Comezamos  o ano e xa temos o carné das seis primeiras autonomías, onde vemos a nosa Galicia, representada no terceiro selo, (Escudo, Bandeira e mapa).
 
    A serie dedicada ás Autonomías, con formato de carné composto por oito selos autoadhesivos de tarifa A, válida para as cartas normalizadas dirixidas a calquera punto da xeografía española   

AUTONOMÍAS:
Fecha de Emisión: 02/01/2009
Estampación: Offset
Papel: Autoadhesivo fosforescente
Tamaño del sello: 40,9 x 28,8 mm. (horizontal)
Medidas del carné sin plegar: 166 x 63 mm.
Valor facial de los sellos: Tarifa A (1 sello = carta normalizada hasta 20 gr. para España)
Tirada: Ilimitada




No carné filatélico reprodúcense os perfís xeográficos de seis comunidades autónomas e as súas respectivas bandeiras, ademais do escudo e a bandeira de España. A bandeira de España adoptouse en 1981, tras modificarse o Escudo Nacional. De cores amarela e vermella, baséase no deseño de 1785 que se foi variando paulatinamente. O Escudo de España que está regulado pola Lei 33/1981, do 5 de outubro, é o símbolo heráldico do Estado e os elementos que o compoñen contan cunha tradición de máis de nove séculos de historia.
    Desde 1981 o Principado de Asturias conta co seu Estatuto de autonomía. A súa bandeira está formada pola Cruz da Victoria, en amarelo sobre fondo azul. Dos brazos penden as letras gregas alfa e omega, como significado do principio e a fin.
    O Estatuto autonómico de Galicia aprobouse en 1981. A súa bandeira institucional inspírase no antigo estandarte da provincia marítima da Coruña do século XIX. O fondo é de cor branca atravesado por unha banda diagonal azul.
    Tamén en 1981 a comunidade de Cantabria obtivo o seu Estatuto de autonomía, no que se establecen as cores da bandeira oficial: dúas bandas horizontais da mesma anchura en branco e vermello co escudo da rexión no centro.Cataluña obtivo a Autonomía en 1979 e a súa bandeira ou señera é a tradicional dos reis de Aragón. Está formada por catro barras vermellas sobre cinco amarelas.
    Desde 1979 o País Vasco conta co seu Estatuto autonómico. A súa bandeira ou ikurriña es bicrucífera, formada por unha aspa verde, cruz branca superposta e fondo vermello.No selo dedicado a Andalucía, con autonomía desde 1981, as cores da súa bandeira, branca e verde, evocan as tonalidades da paisaxe andaluza e simboliza a esperanza no futuro e a paz. No escudo intégrase a figura de Hércules suxeitando dous leóns entre columnas.

----
Por Serafín Álvarez Sobrino
PERSONAJES Y MOTIVOS DE PONTEVEDRA

    EXFIMIÑO publicó en sus números 16 al 20, los años 2000 y 2006 los sellos de esta temática emitidos hasta noviembre de 2003.
    Ahora sigue esta publicación comenzando con datos y referencias omitidas anteriormente, ampliando otros de grupos ya iniciados, y de nueva creación.
    Ante situaciones adversas durante la época 1936-1939, fueron creadas determinadas instrucciones y normas encaminadas a regularizar los servicios de correos.
En primer lugar, por Decreto del 14 de agosto de 1936, se establece que las ciudades pudiesen percibir una sobretasa de 10c. mediante sellos  de emisión no oficial, en toda clase de correspondencia, si bien por falta de sellos en el norte de España, se utilicen como franqueo ordinario, sin perjuicio además como sobretasa.
    En segundo, se dictaron normas para la utilización de sellos existentes, mediante sobrecargas alusivas a cada provincia española.
    Por último, la Orden de la Presidencia de la Junta Técnica del Estado, de fecha 26 de noviembre de 1939, prohíbe la emisión de sellos sin la autorización del la Comisión de Hacienda.

EMISIONES LOCALES
   
    1936. Sellos “Por la Patria”, sin dentar. Motivo: Santiago Caballero, Cruz de Santiago, leyenda y valor facial. Emitidos por Imprenta Roel de Vigo.
    Pontevedra. 1936. Sellos republicanos sobrecargados “!Viva España! Pontevedra 20 de junio de 1936”. (1/19).- 1937. Sobrecargados “!Arriba España! Pontevedra 10 de julio 1937 II Año Triunfal”. (20/27).-“Coreo aéreo ¡Arriba España! Pontevedra 18 de Julio 1937 II Año Triunfal” dos modelos de sobrecarga.(28/32).


    Por Serafín Álvarez Sobrino

PERSONAJES Y MOTIVOS DE PONTEVEDRA


NAO “SANTA MARÍA”

24 de abril 2006. Hoja Bloque  V Centenario de la muerte de Cristóbal Colón. Motivo: su efigie y mapamundi con la ruta de la expedición formada por la nao “Santa María” y las otras dos carabelas (4239).





ESCUDOS

11 DE NOVIEMBRE 2006. República Dominicana. Emisión con motivo del hermanamiento de Santo Domingo y La Guardia. Reproducción  de los escudos de ambas ciudades, leyenda alusiva, frutos del país y valor facial.





DIARIOS CENTENARIOS

    Diario de Pontevedra. Su publicación inicial fue el día 12 de julio de 1889. interrumpiéndose el 28 de febrero de 1938. en 1983 inició una segunda etapa con el patrocinio de la Cámara de
y Navegación, en 1967 se constituyó como Sociedad Corporativa, integrada por 28 trabajadores, hasta finales de los años 90 que fue adquirido por el grupo El Progreso de Lugo, manteniendo su misma cabecera.    20 de abril 2006. Emisión. Motivos: Año de Fundación, patio, edificio y valor facial. (4230).


 Por Juan Älvarez Sobrino

SENCILLAMENTE:

Hoja nº2. Mi juego favorito:

    HISTORIA, ANECDOTAS, CURIOSIDADES, RECUERDOS.....

    La manera que aumentó mi colección de sellos cuando era niño, fué jugando a las bolas, al Gúa, primera, segunda, truque, mas truque, pie, bola y gúa. En el patio de la escuela, el juego se me daba muy bien y ganaba, entonces los niños que no tenían bolas me pagaban con sellos.
    Conservo tres bolas, con las que yo más jugaba.

              Hoja de mi primer álbum de sellos, la libreta de la escuela.

NECROLÓXICAS

    D. Anastasio Manuel Fuentes Gómez , socio fundador, vocal, vicepresidente dende 1997 ata o 2003, e dende o ano 2000 co gallo do 35 aniversario da Sociedade Filatélica, foi nomeado xunto cos socios fundadores vivos en aquel intre, socio de honra da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, coleccionista de selos e moedas, tiña o labor de ir polos comercios para recoller os selos da correspondencia, lavábaos e xuntábaos por milleiros, para mandalos logo para  obras benéficas, polo cal recibiu logo de moitos anos, un trofeo e diploma. Faleceu o pasado 24 de xaneiro.
    A Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, envía a
testemuña da súa condolencia a os familiares e amigos. Fuentes  (nome co que era coñecido) descansa en paz..


Amigo Fuentes, cando menos lo esperábamos nos deixas.
Cantas horas pasamos xuntos, no chiringuito, coa túa sorrisa contaxiosa, como camiñabas moito sempre me traías novidades de o pobo, de maneira especial das obras.
A diario pasabas por correos a recoller o apartado, me chamabas por telefono..... Juan tes selos en correos.... Juan díxome o xefe cuantos queres de tal, ou cal modelo, sempre estabas pendente de min.
Nunca esquecerei a túa presencia tan agradable.


Juan

Boletín Exfimiño nº 26

Boletín Informativo da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa

Número 26                                                   septembro-decembro  2008 
Coordinador:  Luciano Lomba

O pasado 18 de outubro inaugurouse no Centro Cultural a mostra EXFIMIÑO 2008 que estivo aberta ao público ata o día 23 de outubro. Nos actos de apertura estiveron presentes o Sr. Alcalde da Guarda D. José Manuel Domínguez Freitas, o Concelleiro de Cultura D. Antonio Lomba Baz, o Concelleiro D. Paulino Rodríguez González, o presidente de FEGASOFI D. Valentín Suárez Alonso, o historiador D. Joaquín Villa Álvarez, o xefe de correos da oficina de A Guarda D. José Luís Franco e o  Concelleiro do BNG D. Xan Lois Lomba Alonso.

    O  Presidente da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, D. Juan Álvarez Sobrino, ausente nesta ocasión, estivo representado por D Luciano Lomba Vicente, vicepresidente de dita sociedade, quen pronunciou unhas palabras explicando o sentido desta exposición.

Seguidamente cedeu a palabra a D. Valentín  Suárez Alonso. A continuación D. Joaquín Miguel Villa, profesor e historiador da vila, falou do homenaxeado D. Pacífico Rodríguez, lembrando algúns aspectos da súa vida. Para finalizar o Alcalde da Guarda, D. José M. Domínguez Freitas dixo unhas palabras, quedando inaugurada a exposición.

    Para esta ocasión contouse coa emisión dun selo e un mataselos especial, e tamén cunha oficina temporal de correos montada no mesmo Centro Cultural e que foi inaugurada polo Sr. Alcalde da Guarda.

    É salientable que todas as coleccións que foron expostas nesta mostra, pertencen a membros da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa.


               Sobre conmemorativo da exposición filatélica EXFIMIÑO 2008


EXFIGALICIA 2008

    O pasado mes de novembro celebrouse en Cangas do 7 o 16  a XXVI  MOSTRA FILATÉLICA DE GALIZA E PORTUGAL, donde participaron máis de 60 coleccións, tendo a honra  de, na xornada inaugural,  contar ca presencia do presidente da Federación Española de Sociedades Filatélicas (FESOFI), D. Fernando Aranáz del Río
    A nosa Sociedade estivo representada polas coleccións dalgún dos seus membros .
Como colección invitada  estivo “COLÓN RUMBO A LAS INDIAS” de José Angel Gándara Rodríguez .

   
    Na clase de competición no grupo 3, FILATELIA TEMÁTICA.   “ESE DECONOCIDO PRINCIPIO”  de  Jorge Matínez Baz, acadou a medalla de  PRATA GRANDE.
    E na mesma categoría  “ DEL MONASTERIO RURAL A LA CATEDRAL URBANA”  de Luciano Lomba, acadou  a medalla de VERMEIL
    Tamén  no gupo 1 de FILATÉLIA TRADICIONAL, Manuel Martínez Martínez  de O Rosal coa súa colección España “ATMS” que acadou a medalla de PRATA GRANDE.

Tamén con motivo de EXFIGALICIA 2008  e na última xornada da mostra, ao finalizar a firma do Protocolo de FEGASOFI E UFINOR a Federación Galega de Sociedades Filatélicas (FEGASOFI),  puxo en circulación un selo personalizado, co logotipo da Federación Galega.


                     Encabezado de pliego de 25 selos.



Como ven sendo habitual nesta edición de EXFIGALICIA 2008,  contouse ca emisión dun mataselos e dun selo personalizado
   
    Anverso e reverso do sobre co selo personalizado e o matáseos da Mostra EXFIGALICIA 2008, adicado a industria conserveira de Cangas.

          Anverso do sobre con selo e mataselos conmemorativo.


O domingo 16 de novembro  as 12 horas no Auditorio Municipal de Cangas con motivo da EXFIGALICIA 2008, asinouse o terceiro  protocolo de actividades filatélicas entre FAGASOFI  e  UFINOR. Estando presentes por parte de UFINOR o seu presidente Dr. Paulo Sa Machado e a súa xunta directiva, e por parte de FEGASOFI o seu presidente D. Valentín Suárez Alonso e a súa Xunta directiva. E actuando como testemuña a Alcaldesa-Presidenta do Ilmo. Concello de Cangas. Dª Clara Millán González.
    E tamén estivo presente o anterior presidente de FEGASOFI D.José Freijanes Domínguez, o cal asinou os dous Protocolos anteriores, xunto co Dr. Paulo Sa Machado presidente de UFINOR.



No transcurso da comida de palmarés que contou coa asistencia da alcaldesa do Ilmo. Concello de Cangas , Clara Millán González, e tras finalizar a entrega  de trofeos o presidente da Federación Galega de Sociedades Filatélicas, D.Valentín Suárez Alonso, en nome do presidente da Federación Española de Sociedades filatélicas, D. Fernando Aranáz del Rio, fixo entrega do Diploma e Certificado a  MELLOR COLECCIÓN ESPAÑOLA do ano 2006 a D. José Ángel Gándara Rodríguez pola súa colección,
COLÓN, RUMBO A LAS INDIAS.




Por Serafín Álvarez Sobrino

JUGUETES:

    La Dirección General de Correos, se propuso filatelizar juguetes que están depositados en distintas Fundaciones españolas, desconociendo si sus propósitos son hacerlo por la totalidad de los existentes en cada una, o si por el contrario lo hará de un solo sello de cada modalidad.



    2 enero 2006. Carné de 8 sellos autoadhesivos, franqueo “A”, que corresponde para la circulación de cartas postales de hasta 20 gramos, para España. El sello que ocupa el 5º lugar del carné reproduce la Mariquita Pérez de la Fundación Raquel Chaves de Vigo. (4201).





    2 enero 20007, Carné de 8 valores “A”, que en el número 5º reproduce el hidroavión que está en la misma Fundación R. Chaves de Vigo. (4291).
    20 abril 2007. Tarjeta de Correos “A”. Arquitectura Postal. Motivos: Anverso, Fachada del edificio de Correos y Telégrafos de San Sebastián, reverso, franqueo de la serie Juguetes, hidroavión. (177).


   
        2 enero 2008. Carné de 8 franqueos “A” que en la posición nº 3 aparece un sello con cubos de playa que están, también, en la mencionada Fundación Viguesa. (¿?).





Por Juan Älvarez Sobrino


SENCILLAMENTE:

    Iniciamos esta colaboración, en la cual Juan nos muestra de su álbum  de “CURIOSIDADES”, vivencias compartidas con el maravilloso mundo de los sellos de correos.... desde su infancia hasta la actualidad.

    Hoja Nº 1.   Mi juego favorito: FIGURAS

Sencillamente: mi juego favorito

Con seis años ya tenía sellos, mi hermano Serafín me daba sus repetidos, los guardaba en una cajita de cartón, jugaba con ellos haciendo figuras en la mesa del comedor.... hacía y deshacía, así un día tras otro.
Estoy convencido que con el juego de los sellos, nació mi otra afición.....
¡¡ El dibujo!!.




--------
O tema do Nadal vén mostrando nos selos obras de arte do pasado e actuais. Esta emisión, correspondente ao Nadal de 2008, que consta de dous selos, reproduce un o Misterio-Belén del Príncipe, un belén napolitano e español do século XVIII, mentres que o selo con temática do Nadal contemporáneo ilústrase cunha Maternidade do pintor J. Carrero.
   
    O chamado Belén del Príncipe é unha obra que está composta de varias figuras que representan o Misterio ao completo. Este grupo de figuras expoñíanse reunidas nunha gruta entre clasicista e rústica. A estas pezas principais do belén únenselles a Cabalgata dos Reis Magos co seu séquito, grupos de anxos e de pastores, ademais de numerosos animais. Os beléns, antes do século XVIII, estaban reservados aos conventos. Coa chegada de Carlos III a España procedente de Nápoles, de onde trouxo estas pezas, as representacións do Nadal incorpóranse á vivenda nobiliaria e aos palacios, onde poden ser visitadas por todo o mundo. As figuras integrantes deste belén foron adquiridas para o príncipe de Asturias e para o infante don Gabriel e están realizadas por diversos artistas napolitanos que traballaban para a corte. A maioría das pezas teñen a cabeza, mans, pernas e brazos tallados en madeira e outras en barro. O corpo é un manequín de estopa e arame que permite dotalos de mobilidade. As figuras que compoñen o Misterio son un Neno espido que descansa sobre un leito, a Virxe coa cabeza cuberta e vestida con traxe de seda e san Xosé cun manto de seda amarelo sobre o ombro dereito e recollido na man esquerda. Ambos os dous miran tenramente o Neno.


NAVIDAD 2008

Fecha de Emisión:  3/11/2008
Estampación:  Offset
Papel:  Autoadhesivo fosforescente
Tamaño del sello:  40,9 x 28,8 mm. (horizontal) y 28,8 x 40,9 mm. (vertical)
Valor facial de los sellos:  0,31 y 0,60 €
Efectos en pliego:  20
Tirada:  Ilimitada para los dos valores postales


O outro selo, cuxo título é Maternidade, está recreado nunha pintura do artista estremeño J. Carrero, autor que vén exercendo a súa profesión artística desde finais dos 70 e que conta ata agora con máis de medio centenar de exposicións en galerías, espazos culturais e museos. O pintor para elaborar a composición que mostra a imaxe do selo inspirouse na figura dunha nai noviña que porta nos seus brazos un neno totalmente espido. Ambas as dúas figuras vistas de perfil, destacan sobre vermellas tonalidades que nos suxiren a cromática da Flor de Pascua, unha planta do Nadal por excelencia.





Si vais a mirar os beléns
e no pesebre o neniño
os nosos parabéns
dende o boletín Exfimiño.

Cos selos sempre xogaba
cando eu era pequeniño
selos e mais selos, canto gozaba
...ao facerme maiorciño.


Selo en sobre ou postal
a nosa Sociedade  vos desexa
un agarimoso e maior natal
e que o aninovo vos protexa.

...Saúde no  2009


______________________________________________________________________________


AVISO:

    Xa podedes recoller os selos de 2008, estamos no local social, calle Ramón Sobrino nº 8 os sábados dende as 11 da maña
ata a 1 da tarde.
Ou chamando ao teléfono 986 611193.