jueves, 12 de agosto de 2010

Boletín Exfimiño nº 31

Boletín Informativo da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa

Número 31                                                                maio.xullo de 2010
 Coordinador Luciano Lomba Vicente

VINDEIRAS EXPOSICIONS

HOMENAXE Á SOCIEDADE PRO-MONTE

    No vindeiro mes de outubro continuaremos co proxecto que empezamos alá polo 2005, co cal a Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa. Quere homenaxear aos compoñentes da primeira Xunta Directiva da Sociedade PRO-MONTE, pola súa contribución  a cultura de A Guarda e sobre todo, a prol do Patrimonio do Monte Sta. Trega.
    Como en anos pasados faremos un matáseos especial, nesta ocasión o homenaxeado ao tesoureiro da Pro-Monte , D. José María González Cividanes.
    A exposición inaugúrase o día 9 de outubro e contará  coas colección dos nosos socios e tamén de algunhas coleccións invitadas, como ven sendo habitual exporanse maquetas, tallas, pintura...

Tamén varios membros da nosa Sociedade participarán na exposición filatélica EXFILNAS´2010, que terá lugar na cidade de Belo Horizonte (Brasil).
José María González Cividanes
José María González Cividanes (1855-1921) foi un dos fundadores da Sociedad Pro-Monte Santa Tecla e o seu primeiro tesoureiro, cargo que desempeñou fielmente durante oito anos, dende 1912 ata 1920, sen faltar a unha soa das reunións da Xunta Directiva. O seu papel foi especialmente importante no difícil ano social de 1916-1917, cando tivo que actuar nalgunha ocasión como presidente accidental por ausencia do titular Manuel Lomba. Unicamente a enfermidade que lle sobreveu en xuño de 1920, e que finalmente rematou coa súa vida, logrou apartalo do desempeño do seu cargo. 
Faleceu medio ano máis tarde, o primeiro de xaneiro de 1921, pasando a ocupar o seu posto o socio José Benito Sobrino Rodríguez.
En xuño de 1921 os compañeiros de directiva acordaron propoñer que se colocase un retrato seu no museo, proposta que foi aceptada pola Xunta Xeral no mes de agosto. Na memoria dese ano 1921, os seus compañeiros dicían del o seguinte: «Declaramos que cumpriu sempre como bo e, ao render a súa vida, deixa entre nós un baleiro moi difícil de encher».
D. José María González Cividanes (Foto cedida por A. Martínez

Como curiosidade pódese dicir que José María González Cividanes foi o primeiro condutor en estrear a nova estrada de suba ao monte, concluída no verán de 1914, ao percorrela co seu automóbil o día 14 de agosto. Por este motivo, quince días máis tarde autorizouse a suba de automóbiles á festa do monte do 30 de agosto, aínda que a directiva «non se facía responsable de ningún accidente, pois a estrada non está aínda en condicións de completa consolidación».
Tamén é importante sinalar que o primeiro museo de Pro-Monte foi creado en 1917 nun local propiedade do mesmo tesoureiro, José María González Cividanes, situado na esquina entre a rúa Ezequiel Ordóñez (hoxe rúa Galicia) e o arranque da estrada a Fornelos (hoxe rúa República Dominicana), un baixo polo que a Sociedad Pro-Monte pagaba un aluguer mensual de oito pesetas.
           Como tantos outros guardeses da súa época, a historia persoal de José María González está intimamente ligada a Puerto Rico, a onde emigrou moi novo para dedicarse, con grande éxito, ao comercio. Alí atopámolo xa no ano 1877, con tan só 22 anos, establecido co seu irmán Ricardo á fronte da sociedade mercantil González Hermanos (1877-1879). Dous anos máis tarde  independízase cun negocio propio.
 Así estivo seis anos ata que en 1885 converte o seu establecemento comercial nunha compañía chamado Trigo, Cividanes y Co. (1885-1892), dando entrada nela, como socios xestores, a varios parentes, pasando el a categoría de socio capitalista. Foi entón cando regresou a España, residindo inicialmente na cidade de Vigo e despois xa en A Guarda, onde edificou unha preciosa casa indiana na rúa Puerto Rico.
A pesar de estar retirado, continuou realizando numerosos investimentos en casas comerciais de Puerto Rico. Na Guarda protagonizou tamén algúns proxectos industriais, como a fábrica de gasosas «Santa Tecla», creada por el entre 1907 e 1908, a cal vendeu dez anos máis tarde, en 1918, ao seu entón compañeiro de directiva Laureano Alonso Portela.
Casa indiana de J. Mª González Cividanes
Textos de D. Joaquín Miguel Villa Álvarez

FILATÉN 2010
          Acaba de finalizar en Avilés, Asturias, o campionato de España de filatelia temática, do 19 ao 26 do mes de xuño. Participaron un total de 86, das mellores coleccións de España, ademais, nesta ocasión estaban convidados a participar os expositores de Francia, Brasil e Cuba.
           De Galicia participaron 10 coleccións 4 delas de membros da Sociedade Filatélica da Guarda, que ademais conseguiron estar entre as 5 con maior puntuación, pero destacar a participación de 4 expositores coa puntuación necesaria para estar presentes nun campionato nacional só superada pola sociedade organizadora e Miño de Ourense, para unha poboación como é A Guarda pódese considerar un gran éxito.
Filatelistas de A Guarda na FILATEN 2010

A nivel particular, as coleccións de “Estilos arquitectónicos relixiosos de Europa” de Luciano Lomba e “Ese descoñecido principio” de Jorge Martínez Baz, a pesar de baixar algún punto en relación a anteriores participacións, seguen no bo camiño e consolidándose nun nivel medio das coleccións españolas.
    A colección de “Beleza natural” de Marta Verde Rodríguez, foi unha das sorpresas gratas da exposición que participaba por primeira vez nun certame nacional, recibiu 77 puntos conseguindo unha medalla de vermeil, entre as debutantes resultou a segunda mellor, é moi gratificante, recibir as felicitacións do xurado e publico.
Marta Verde Recibindo a súa medalla

    Entre as tres mellores coleccións participantes con medallas de ouro e empatadas a 88 puntos estaban as coleccións de “Petróleo” de Carlos Suárez de Brasil, “A cada un os seus calzados” de Marie Ghisela Porte de Francia e a guardesa “Colón, rumbo ás indias ”de José A. Gándara, resultou a gañadora e despois da última deliberación do Xurado levarse o Gran Premio da exposición, o maior éxito obtido, entre os moitos recibidos, por esta colección.
           Nunha cea celebrada no Palacio de Ferrara de Aviles, o día de clausura, entre outras autoridades, o Excmo. Sr. Delegado do Goberno en Asturias, D. Antonio Trevín Lombán, entrega a José A. Gándara o máximo galardón da exposición doado polo Presidente do Goberno do Principado de Asturias. Esta colección o día 20 de maio con motivo dos actos do “Día marítimo europeo” foi convidada que hai que participar nunha mostra filatélica en Xixón, onde estiveron presentes entre outras autoridades, os Príncipes de Asturias.
José A. Gándara recibe o trofeo de mans do delegado do Goberno en Asturias D. Antolín Trevín

 PERSONAS Y MOTIVOS DE PONTEVEDRA
Por Serafín Álvarez Sobrino
                                      
DEPORTES

    6 de julio de 2001. 25 años de la Copa de Fútbol de S.M. el Rey. Mini pliego de 8 sellos y cuatro esquinas con viñetas, del Real Zaragoza, campeón, Real Club Celta de Vigo Subcampeón y Atlético de Madrid y F.C. Barcelona semifinalistas. nº Edifil 3805.


                                    



NATURALEZA

    21 de octubre 2004. Vista aérea de las islas Mies, situadas en la entrada de la Ría de Vigo, forman parte del Parque Nacional Marítimo Terrestre de las Islas Atlánticas de Galicia.  Nº edifil: 4122.






FAROS

    2 de septiembre 2008. Hoja de seis sellos con faros españoles. El 4º reproduce el Faro de cabo Silleiro que fue inaugurado en el año 1866, utilizando aceite vegetal hasta 1909 año en que empezó a consumir petróleo. En 1929 se inauguró un nuevo edificio con 85 metros de altura sobre el nivel del mar y alcance de 33 nudos. Nº Edifil 4430.




Juan Álvarez Sobrino                                                     marzo de 2010

A TODOS LOS SOCIOS:

        Estimada familia Filatélica:

   Por mis condiciones físicas tan deficientes, me encontré con la obligación de renunciar al cargo de Presidente de la Sociedad, al no poder cumplir con mi cometido, que el cargo me exigía.
   Quiero agradecer a los Directivos y Socios de la Sociedad Filatélica y Numismática guardesa, por todas las atenciones recibidas a favor de  mi persona durante tantos años.
   Unidos como una piña, vosotros, vosotros sois los verdaderos artífices  de que nuestra Sociedad alcanzara tal alto nivel en la filatelia: local, provincial, regional, nacional e internacional.
   Orgullo y ejemplo asociativo de A Guarda
   Por todo lo expuesto, mi humilde persona se vio gratificada con los mayores galardones filatélicos.
   Me viene a la memoria, mis primeros Sellos con los que jugaba de muy niño  (Mi juego favorito) fueron pasando los años y sigo disfrutando más y más con mi juego, cada día. Por mis manos pasaron miles y miles de sellos…. Si digo… un millón… dos millones… quedo corto.
   Felicitar al nuevo Presidente: Luciano Lomba Vicente al que deseo que en su cargo reciba las mismas, o más satisfacciones  como desearía para mí.

Un sincero abrazo a todos
Fdo  Juan Álvarez Sobrino
Exposición Filatélica no Rosal
    O pasado 16 de xullo inaugurouse a  XVIII FEIRA DO VIÑO DO ROSAL, coa presencia de moitas autoridades dos Axuntamentos do Baixo Miño, contando como é natural co alcalde de O Rosal  D. Jesús Fernández Rocha, nesta ocasión contouse coa presencia  do presidente da Deputación de Pontevedra D. Rafael Louzán,  tamén estivo presente  o concelleiro de Medio Ambiente D. Gumersindo Alonso.
    Este ano actuou como pregoeiro da Feira do Viño do Rosal o actor Sancho Gracia.
    Como ven sendo habitual, a Sociedade Filatélica Val do Rosal  organiza unha exposición filatélica con mataselos especial, o cal este ano estivo dedicado ao Camiño Portugués pola Costa.


NOTICIAS DE FEGASOFI

No pasado 1 de abril o Consello de Dirección da revista “El mensajero del coleccionismo” e a Xunta Directiva  da entidade editora decidiron premiar, na súa categoría de Ouro, á Federación Galega de Sociedades Filatélicas, “FEGASOFI” e á Unión  de Colectividades Filatélicas do Norte de Portugal, “UFINOR”. Pola colaboración de ambas institucións no desenrolo da Filatelia, Exposicións, Amizade, Cultura e Colaboración entre persoas e entidades filatélicas.
Por este motivo o pasado día 19 de maio, o director da revista, Roberto Martín Prieto, desprazouse á localidade portuguesa de Viana do Castelo para facerlle entrega do galardón ás dúas entidades.
En dita reunión estiveron presentes ademais do directivo Javier Sierra Martín, os presidentes, de FEGASOFI, Valentín Suárez Alonso y o de UFINOR Paulo de Oliveira Sa Machado, acompañados por Francisco Gamallo Rodríguez, José Angel Gándara, Manuel  Costa, e Marta Verde por parte de FEGASOFI e Avelino da Silva, Antonio Luis Pinto Fernandes, Miguel Angelo Sousa, Oscar Augusto Marinho e José  Luis Monteiro da Costa, por parte de UFINOR.

miércoles, 11 de agosto de 2010

Boletín Exfimiño nº 30

Boletín Informativo da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa

Número 30                                                            xaneiro-abril     2010

Coordinador Luciano Lomba Vicente




Concedida pola Federación Galega de Sociedades Filatélicas
A medalla de Ouro na sua calidade individual ao Mérito Filatélico
Ao Prsidente de S.F e N.G    D. JUAN ÁLVAREZ SOBRINO

     DÚAS COLECCIÓNS DE A GUARDA COMPETINDO EN BRASIL    

 Celebrouse do 19 ao 26 de marzo en Poços de Caldas, Brasil, a Exposición Filatélica Nacional Sul das Gerais 2010. Participaron as coleccións de Jorge Martínez Baz, “Ese desconocido principio” e a de José A. Gándara, “Colón, Rumbo a las Indias”, os resultados non foron os desexados e as dúas coleccións foron xulgadas a  baixa, con  71 puntos medalla de Plata Grande y 83 puntos medalla de Vermeil Grande, respectivamente.
ACTA DA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA SOCIEDADE FILATÉLICA E NUMISMÁTICA GUARDESA, CELEBRADA NO LOCAL SOCIAL, SITO NA CALLE RAMON SOBRINO 8, O DÍA 7 DE MARZO DE 2010.

      A Guarda, a día 7 de marzo de dous mil dez (7-3-2010) sendo as doce horas, en segunda convocatoria, reúnese no local social a ASEMBLEA XERAL ORDINARIA da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa.
      Presidida polo Presidente, D. Juan Álvarez Sobrino que antes de comezar ten unhas palabras de agradecemento pola presencia dos asistentes. A continuación dá paso os seguintes puntos do:    
                    
ORDE DO DÍA:

    - Lectura e aprobación, se procede, da Acta da Asemblea Xeral Ordinaria celebrada o día 15 de febreiro de 2009.
    Lese, apróbase por unanimidade.
    Informe de actividades realizadas durante o ano 2009 e actividades que hai que realizar no ano 2010, e aprobación, se procede.
    Seguiuse publicando o boletín EXFIMIÑO, participaron na exposición nacional Exfilna, realizada en Irún, as coleccións de Jorge Martínez Baz, Luciano Lomba Vicente e José A. Gándara Rodríguez.
    Realízase a exposición EXFIMIÑO no Recreo Artístico Gardes,
         Participaron expositores locais e expuxeronse, ademais, pinturas, traballos manuais, fotografía etc. No transcurso da exposición, estivo presente o subdirector dos correos da República Dominicana que presentaron o selo da praza de Santo Domingo na Guarda
     E fíxose entrega da medalla de Ouro ao Merito Filatelico de fegasofi a D. José M. González Troncoso. De Tui
    Para este ano a Xunta Directiva ten programado seguir ca exposión  Exfimiño do 9 ao 12 de outubro de 2010 no Recreo Artistico Gardes.
    Expositores membros desta Sociedade participaran nas exposicións competitivas, Fefibra en Brasil, Filatem en Aviles e Exfilna de Madrid.
    Esta en proxecto co Concello da Guarda un cuño especial con motivo do Xacobeo para conmemorar o camiño a Santiago pola costa. E tamén esta en proxecto realizar exposicións nos colexios e traer un monitor xuvenil para instruír aos nenos.
    Se poñerá unha caixa de correo na porta do local social para que se poida deixar a correspondencia.
    Como se acordara o ano pasado, na última Asemblea Xeral, esta xunta directiva a acordado correr cos gastos da inscrición das coleccións que participasen na Filatem.
    O Informe é aprobado por unanimidade.

     Informe do Sr. Administrador, e a súa aprobación, se procede;
    O saldo a 1 de xaneiro de 2009 era de 4.256, 43 € e a 31 de decembro de 2009 de 3.686,13 queda por cobrar as subvencións do Concello e da Deputación.
    O Sr. Marcelino Portela aconsella, se é posible, que para próximas asembleas se presente un resumo de ingresos e gastos.
    O Informe é aprobado por unanimidade.

Renovación de Xunta Directiva
  Ante a decisión do actual presidente, D. Juan Álvarez Sobrino, do cesamento voluntario do seu cargo, acórdase formar unha Nova Xunta Directiva e o reparto dos seus cargos quedando constituída da seguinte forma.
Presidente: D. Luciano Lomba Vicente
Vicepresidente: D. Marcelino Portela Lorenzo
Secretario: D. José A. Gándara Rodríguez
Vicesecretario: D. Jorge Martínez Baz
Administrador: D.ª Marta Verde Rodríguez
Viceadministrador: D. Rafael Alonso Gómez
Vogais: D.ª Almudena Taboada Lago
             D. Ignacio Rodríguez Álvarez
             D. Juan Álvarez Sobrino
             D.ª Cristina Domínguez Rotea e
             D. Ramón González González
Nova Xunta Directiva da SF e NG

CONCEDIDA A MEDALLA AO MÉRITO FILATÉLICO A JUAN

O sábado día 20 de febreiro celebrouse na casa museo de Rosalía Castro, en Padrón a Asemblea, anual, Xeneral da Federación Galega de Sociedades Filatélicas (FEGASOFI) e o  finalizar a mesma tubo lugar a Asemblea Xeral extraordinaria cun único punto de orden do día, a petición, por parte da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, da Medalla de Ouro ao Mérito Filatélico para Juan Álvarez Sobrino, presidente desta Sociedade a petición, como marcan os estatutos da Federación, estaba avalada por dous sociedades mais, neste caso por a sociedade “Val de O Rosal” e o Grupo Filatélico de Vigo.
Estando presentes ou representadas na Asemblea dezaoito  das dezanove Sociedades de Galicia pertencentes a FEGASOFI. Foi aprobada por unanimidade a concesión da medalla. A medalla ao Mérito Filatélico na súa calidade individual, ao noso Presidente D. Juan Älvarez Sobrino.
D. Juan Álvarez na inauguración da EXFIGALICIA 2007

D. Juan Álvarez Sobrino
   
Nace no ano 1931
Os seus primeiros contactos coa filatelia foron sendo aínda un neno. 
    A súa primeira exposición foi alá polo ano 1961, desde entón participou en mais de 100 exposicións tanto competitivas como de exhibición.
    Foi un dos percusores da Filatelia Temática en Galicia e fomentouna no Baixo Miño.
Desde a fundación do Grupo Filatélico Guardés alá polo ano 1964 foi vocal da primeira xunta directiva, cargo que ocupou ata 1980, nese ano foi nomeado secretario.
Foi nomeado presidente da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa no ano 1996, cargo que ven ocupando con moito tino ata a actualidade.
    Dende 1980 colleu o cargo da distribución dos selos de abono dos socios,  uns 150 naqueles anos. Como  a sociedade non dispoñía de fondos el sempre adiantaba o diñeiro (que case sempre recuperaba a finais do ano). A maioría das veces tiña que cargar con varias series.
Deseñou o emblema do Grupo Filatélico Guardés
    Deseñou os matáseos das exposicións, EXFIMIÑO dos anos 1967 –– 1981 – 1988 -1993 – 1996  - 1997 .  EXFIGALICIA – 1970
    Baixo o seu mandato, ben como directivo ao primeiro e despois como presidente, celebráronse 21 exposicións  non competitivas, das cales 13  co matáseos  EXFIMIÑO, e un matáseo de propaganda da FESTA da LAGOSTA do ano 2001
    Tres EXFIGALICIA
Do 2 ao 5 de agosto do ano 1970
Do 10 ao 16 de agosto do ano 1998
Do 12 ao 20 de outubro do ano 2007
A primeira EXGAPORTEN  (do 6 ao 12 de outubro do ano 2001).

Está en posesión da insignia de ouro concedida pola Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, desde o ano 2001.

A Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa nomeouno Socio de Honra no 1999.
                                                                            
  Por Juan Álvarez Sobrino                                                                                                  
Mi primera exposición
      Mi primera participación en una exposición filatélica, fue durante la II Exposición Filatélica, celebrada en Vigo el año de 1961. Participé  en la misma animado por dos buenos filatélicos, el guardes, Francisco Sobrino y el vigués Manuel Lago.
Hoja recuerdo de mi participación. Matasellada

Presenté  seis hojas de España, que iban adornadas con dibujos que yo había hecho  a los 14 años, en el lecho. Como es natural no me dieron premio, pero no se me olvidará el detalle que me ocurrió; llegando a la sala donde tenía  lugar la muestra, oigo decir  a una señora: ¡venir niños, venir a ver que cosa más bonita! Y estaba contemplando mis sellos.
                  ¿PODÍA PEDIR MEJOR PREMIO?

PERSONAS Y MOTIVOS DE PONTEVEDRA
Por Serafín Álvarez Sobrino

SOBRETASA POSTAL

Por Decreto de 28/1/1937 (B.O,E. 4/2/37), se creó la Sobretasa, por Decreto de 11/12/1937 (B.O.E. 7/12/1937), se creó el sello.
    27 diciembre 1937. Emisión Pro Tuberculosis a beneficencia del Patronato. Motivos: Cruz de Lorena, mano tendida y valor facial. Impresión      Litografía M. Roel Vigo.  Nº Edifil 840.

JOAQUÍN LORIGA TABOADA. (1895-1927)

Nació en Lalín. Ingeniero aeronáutico, director de la Escuela de Transformación de Cuatro Caminos. En 1926 pilotando el avión Jesús del Gran Poder realizó la travesía Madrid - Manila . en su villa natal se inauguró un monumento en su memoria .

28 de julio 1982. Aerograma. Ilustración, ruta España – Brasil, franqueo, figura del Jesús del Gran Poder. Nº Edifil: 203
NAO SANTA MARÍA

   
10  de octubre IV Congreso Hispano-Luso-Americano-Filipino de Municipios. Motivos la Nao y otros motivos.  Nº Edifil 1818



Correo de Feldpost dirigido A Guarda
         Entre 1937 y 1939, la Wehrmacht  alemana había un servicio de correo militar que proporcionaba servicios gratuitos de correo en Alemania.
         Tarjetas postales y cartas de hasta 250 g incluyendo periódicos circulaban de forma, franquicia,  en alemán para las organizaciones militares. Todas las ramas militares alemanes tenía su propia administración postal para la recepción y entrega de correo. Para las oficinas de Feldpost más cercano a la zona de combate una instalación móvil generalmente procesados de correo electrónico para todas las ramas militares.En 1940 se introdujeron nuevos cambios seguidos a través de la rápida conquista de Europa.
Finalmente, una serie de acuerdos de servicios postales se establecieron entre Alemania y los países ocupados proporcionando un uso extendido de servicio Feldpost. Países como los Países Bajos había cerca de 50.000 voluntarios pro-nazi que durante el curso de la guerra utilizan el servicio Feldpost. Eventualmente, estos acuerdos se establecieron entre Alemania y otros países, incluidos los países neutrales, como Portugal, España, Suiza, Suecia y Turquía, que había voluntarios dentro de las fuerzas alemanas.   
     Para preservar el secreto de los movimientos de tropas, cada batallón se le asignó un número de cinco dígitos llamado número Feldpost (FPN). A finales de 1939.
      Nº de Feldpost 20045 y la correspondiente marca de franquicia.
José A. Gándara Rodriguez. Material del autor y de D Celso Fariñas


Carta dirigida A Guarda por correo de Feldpost y marca de censura militar española en Vigo.

             Por José A. Gándara
 CURIOSIDAD FILATELICAREGRESO AL FUTURO


Carta certificada con acuse de recibo de Tui  A Guarda o 14 de febreiro de 2017, na parte de atrás matásellos de chegada 15/2/2010