viernes, 30 de marzo de 2018
lunes, 12 de marzo de 2018
actividades da S F e N G
Actividades a realizar pola Sociedade Filatélica
e Numismática Guardesa durante o Ano 2018
Os días 29-30-31 de marzo e o día 1 de abril celebraremos
nos salóns do Recreo Artístico Guardés, como ven sendo habitual a Exposición e
Feira do Colecciónesmo na súa VI edición.
Esperamos que vos acheguedes
para desfrutar das estupendas coleccións que estarán expostas.
Cartel da VI Exposición e Feira do Colecciónesmo
Etiquetas:
Noticias
sábado, 28 de octubre de 2017
Medalla de ouro para José Ángel Gándara
Por primeira vez un membro da nosa Sociedade acada a medalla de ouro nunha exposición mundial
A Exposición Universal de Filatelia estase a celebrar en Brasilia do 24 ao 29 deste mes, con máis de 300 coleccións de todo o mundo.
España está representada cun unhas 20 coleccions e só duas da Federación Galega de Sociedades Filatelicas na clase Temática. José Ángel Gándara da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa con "Columbus, Course of the Yndies" ; que acadou a medalla de ouro con 90 puntos e Alejandro Seoane da Sociedade Miño de Ourense con "Bugs to the table".que acadou a medadalla de prata con 71 puntos.
España está representada cun unhas 20 coleccions e só duas da Federación Galega de Sociedades Filatelicas na clase Temática. José Ángel Gándara da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa con "Columbus, Course of the Yndies" ; que acadou a medalla de ouro con 90 puntos e Alejandro Seoane da Sociedade Miño de Ourense con "Bugs to the table".que acadou a medadalla de prata con 71 puntos.
Parabens a os dous.
Etiquetas:
Noticias
viernes, 15 de septiembre de 2017
CLAUSURA DA EXPOSICIÓN EXFIMIÑO 2017
O pasado domingo día 10 de setembro pechou a a exposición filatélica EXFIMIÑO 2017, na clausura fíxoselle entrega do trofeo da exposición aos expositores que estiveron presentes; aos demaís participantes entregáraselle o trofeo no momento en que se lle devolva a colección coa que participaron.
Etiquetas:
Noticias
jueves, 7 de septiembre de 2017
INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN FILATÉLICA EXFIMIÑO 2017
O pasado día cuatro de setembro
inauguramos a Exposición Filatélica EXFIMIÑO 2017.
no acto da inauguración estiveron presentes, o
Alcalde de A Guarda D. Antonio Lomba, a Deputada provincial Dña. Monserrat
Magallanes, a concelleira de Cultura de A Guarda Dña. Elena Baz,
o presidente de FEGASOFI. D. Valentín Suárez
Alonso, representates de partidos politicos e de asociacions culturais de A
Guarda, así como aficionados e expositores.
A exposicion estará aberta ata
domingo día dez de septembro.
![]() |
| Público na inauguración |
![]() |
| Un momento da inauguración |
![]() |
| Posta en circulación do matasellos especial cocedido por Correos |
![]() |
| A Deputada provincial Montserrat Magallanes matasellando un sobre da exposición |
![]() |
| o Alcalde de A Guarda no momento de por o matasellos |
(Fotografias cedidas por Tere Castro)
Etiquetas:
Noticias
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





