domingo, 15 de septiembre de 2019

exfimiño 2019


     Este ano a exposición filatélica EXFIMIÑO 2019, na súa XXIII edición. estará dedicada a o edificio do Hospital Casa Asilo de A Guarda, hoxe  Centro Cultural , estará instalada no Centro Cultural, os días 5 ao 13 de outubro.
     O programa de  actos da EXFIMIÑO 2019 comeza o sábado día 5 de outubro as 11 horas coa apertura da exposición, o día 6 as 12 horas presentación do selo personalizado, este ano dedicado ao edificio do actual Centro Cultural. Os días 7,  8,  9 e 10 visitas pola exposición guiadas para escolares e público en xeral
     O día 11 as 20 horas instalación de unha estafeta temporal  de  Correos  e as 20,30 horas inauguración con recepción de autoridades y presentación do cuño oficial da mostra e posta en circulación  do sobre conmemorativos .
      A mostra contara como ven sendo habitual, con coleccións de  distintos lugares de Galicia, expostas en distintas modalidades filatélicas, (Tradicional, temática un cadro, clase aberta....
       Tamén haberá algunha colección de numismática.
       Na inauguración e como ven sendo habitual o historiador D. Joaquín Miguel Villa Álvarez, dirá unhas palabras sobre o edificio.

Sobre Oficial da EXFIMIÑO 2019



No hay comentarios:

Publicar un comentario