TEMPOS PARA LEMBRAR
Mirei
para eles e empecei a lembrar en que momento da miña vida se cruzaran no meu
camino, e cómo chegara esta afición, ou esta curiosidade, para seguir co paso
dos anos, coleccionando e disfrutando de algo, que sin ser un, chamésmolle
profesional, facíanme disfrutar ano tras ano.
Lémbrome que sendo un cativo e nun
descansillo das escaleiras que ían dende o baixo da casa ao piso, existía unha
pequna porta chea dos misterios que a esa idade pode ter calquera cousa fora do
habitual, e desa forma atopei un libro de Wenceslao Fernández Flores e un álbum
de sellos, amarelo co título “ÁLBUM DE SELLOS – Ilustrado UNIVERSAL”. No interior
con litografias de selos dos países do mundo, pequenos ocos para deixar pegados
os selos de colección, de países do mundo e de antigas colonias xa hoxe
inesistentes.
De España con selos de data 1940 o da
Alemania do Deutsches Reich por exemplo. Aquelo deixome marabillado, entrara
nun mundo decoñecido e ao mesmo tempo fascinante en cor, en persoaxes en efemérides
etc.
No resto da miña vida gardei e sigo gardando
este álbum que nunca souben a quen da miña familia pertencera, do avó que nunca
coñecera, de máis longo, ninguén soubo decirmo o non souben preguntar e sempre
me quedará o recordo e o misterio.
Co paso dos anos ensineillo a algún
coleccionista este sellos e recordó que máis de un aproveitando a miña
ignorancia no tema, levoume o que lle interesou, pero iso e outro tema.
Pasados os anos sempre tuven a inquedanza
por coleccionar, por xuntar o que o paso do tempo viña a complementar este
encontro da miña nenez.
E asi foi, nun souben verdaderamente nunca o
que me motivaba, nunca souben si era coleccionista, si como decían era unha
inversión etc. ahora sí que sei que ano tras ano disfruto das novas coleccións anuais,
da variedade dos seus elementos, da súa cor, das follas bloque que logran
entusiasmarme, e asi ano tras ano foron enamorándome, sentíndome orgulloso do
que teño, e ahora neste días en que a soedade e a tristeza poden superarme,
eles, como antaño están aí, esperándome.
No hay comentarios:
Publicar un comentario