lunes, 15 de junio de 2020

EXFIMIÑO 2020


EXFIMIÑO 2020

   Por motivos da pandemia que estamos a sufrir e ante a imposibilidade de garantir a seguridade da xunta organizadora, e sobre todo das persoas que quixeran visitar a nosa exposición anual EXFIMIÑO, a Xunta Directiva toma a decisión de pospoñer para o próximo ano 2021, a exposición filatélica, que este ano estaba previsto dedicala á parroquia de Santa María de A Guarda,  os días 9 ao 12 de outubro.
  Tomamos esta decisión con moito pesar pero ante todo con responsabilidade, pensando na seguridade de tódolos afeccionados e expositores que nos visitan ano tras ano. 
  Pedimos desculpas polos retrasos que se poden producir nos abonos de sellos de este ano, e esperamos que  nos vindeiros meses Correos normalice as emisións.
  Tamén informamos que o noso local permanecera pechado  ata nova orde; para calquera consulta, os socios poden contactar con nós a través dos números de telefono:

Vicepresidente:  663404854

Presidente:  648707630

No hay comentarios:

Publicar un comentario